Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos
A BALCONADA DAS ALUMNAS DO AGUIAR CONSEGUE UNHA MENCIÓN DE HONRA
Periodistas do Aguiar: Entrevistas nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade: Entrevista a Francesco Tonucci
" NIN PSICÓLOGO NIN PEDAGOGO, NENÓLOGO "
O día 8 de xuño do ano 2019, periodistas dos IES públicos de Betanzos entrevistaban a Francesco Tonucci, tamén coñecido como Frato, un destacado pensador, psicopedagogo e debuxante italiano, que acudía as VII Xornadas de formación e sensibilización sobre a atención á diversidade. É autor de numerosos libros sobre o papel dos nenos no ecosistema urbano e de artigos en revistas italianas e estranxeiras. Podedes acceder á entrevista clicando na fotografía ou no seguinte vínculo.
|
Periodistas do Aguiar: Entrevistas nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade: Entrevista a Paulo Nogueira
8 de xuño 2019, Liceo de Betanzos, nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade, os xóvenes periodistas brigantinos do IES Francisco Aguiar e do IES As Mariñas, entrevistan a Paulo Nogueira Porto, mestre de primaria e especialista en educación musical. Actualmente director do C.E.I.P. as Covas-Meaño (Pontevedra). Podedes acceder ao documento que contén esta interesante entrevista clicando na imaxe ou no seguinte enlace.
|
Periodistas do Aguiar: Entrevistas nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade: Entrevista a Xoan Curiel @xoancuriel
“Aporto o meu gran de area á educación coa música"7 de xuño, Betanzos 2019. Un pequeno grupo de grandes periodistas do IES Francisco Aguiar e do IES As Mariñas falan con Xoán Curiel, actor, músico e cantante que acaba de estrear un novo traballo musical chamado Canta,miña pedra, canta, no que se mesturan creacións propias e cantigas recollidas por Antonio Fraguas, ás que Xoán pon música. Podedes acceder á entrevista clicando na fotografía ou na ligazón seguinte.
|
Periodistas do Aguiar: Entrevistas nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade: Entrevista a Mar Romera
O pasado 08/06/2019, durante as VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade, un intrépido equipo de periodistas dos institutos públicos de Betanzos, entrevistan a Mar Romera, mestra, licenciada en pedagoxía e especialista en intelixencia emocional, autora dos libros “A familia: primeira escola das emocións” e “A escola que quero” Podedes ler esta entrevista a unha das persoas máis influíntes na petición de cambios na profundos e significativos na escola na seguinte ligazón.
|
Periodistas do Aguiar: Entrevistas nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade: Entrevista á Asociación Pedagóxica Mudare @MudareAP
oh |
O paa Roberto Maquieira García, mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica e licenciado en Ciencias da Educación e un dos fundadores da Asociación Pedagóxica MUDARE.
Podedes acceder ao documento que contén esta interesante entrevista a unha, sen dúbida, necesaria iniciativa clicando na imaxe ou no seguinte enlace.
|
Periodistas do Aguiar: Entrevistas nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade: Entrevista a Mª Carmen Mosquera directora do IES David Buján
"Os sentimentos tamén son importantes en educación"O pasado 08/06/2019, durante as VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade, os nosos periodistas PAG`s , da man dos seus compañeiros do IES "As Mariñas", entrevistaron a Mª Carmen Mosquera directora do IES David Buján. Podedes acceder á entrevista clicando na fotografía ou no seguinte vínculo.
|
Periodistas do Aguiar: Entrevistas nas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade
Os nosos periodistas do Aguiar (PAG`s), traballaron intensivamente durante as pasadas VII Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade. Eles, en colaboración con alumnado do IES As Mariñas dedicáronse a realizar entrevistas aos ponentes e participantes das Xornadas. Tras pasar por corrección e maquetación, chegou a hora de que estas entrevistas vexan a luz publicándose na web. Comezamos hoxe pola entrevista que Lucía F., Gabriela P. e Jaime C. fixeron a José Antonio Fernández Bravo, Doutor en Ciencias da Educación, Licenciado en Filosofía e diplomado en Maxisterio. Para acceder á entrevista só tedes que clicar na imaxe ou na seguinte ligazón.
|
Gerardo Lagares, ex-Aguiar emprendedor de Orballo Ecológico certificada Reserva de la Biosfera
Chegou aos nosos oídos o recente recoñecemento de Reserva da Biosfera acadado pola empresa fundada e dirixida por Gerardo Lagares, Orballo Ecológico.
Orballo é unha compañía que ofrece herbas aromáticas, especias e infusiones. As infusións son 100% ecolóxicas e de explotacións sostibles xa que o día do Medio Ambiente son todos os días. Na empresa aseguran evitar o traballo con calquera aditivo sintético que destrúa o ecosistema e sen pesticidas, herbicidas ou químicos de síntese. O seu reto actual, comercializar o primeiro té ecolóxico cultivado na Europa continental, cultivado aquí na comarca de "As Mariñas". Dende o Aguiar, felicitar ao noso ex-alumno pola súa, necesaria nestes tempos, ecolóxica iniciativa.
CORRESPONDENTES 3.0
Programa Correspondentes Xuvenís: Espazo Xove, IES Francisco Aguiar, IES As Mariñas e CPR Nuestra Señora del Carmen- Atocha.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »