Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Ficheiros

Martes 28 de abril. O alumnado do Ciclo Superior visita INDITEX

O martes 28 de abril o alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotecnia cursarán unha visita xa tradicional no seu plan de estudos, ás instalacións en Arteixo de INDITEX.

11 de marzo 2015. Visita do alumnado do Ciclo Superior a Vegalsa en Sigüeiro

O mércores 11 de marzo, alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia desprazaranse pola tarde  para visitar as instalacións que a empresa distribuidora Vegalsa ten en Sigüeiro.

 

Chegou aos nosos oídos...O recuncho do granel

 
 
Chegou aos nosos oídos... a iniciativa dunha ex alumna do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia que se imparte no noso instituto.
Nada máis pertinente para un Ciclo Formativo como éste,  que os seu alumnado emprenda propostas imaxinativas como ista á que nos referimos agora.
Unha iniciativa novidosa que reformula algún dos mellores conceptos da tradición dos ultramarinos e dos colmados, a venta ao por maior, a granel. Máxima cercanía entre productor e consumidor.
 
 
 
Trátase dun orixinal negocio que leva por nome "O recuncho do granel" .   En pleno centro de A Coruña, na rúa San Andrés 86 baixo
(tno. 881 99 49 38)  a nosa emprendedora ex alumna deseñou un agradable, amplo e luminoso  espacio onde é posible acadar, por suposto a granel : especias ecológicas, alubias, arroces, pastas artesanas, futos secos y deshidratados, algas, setas, chocolates...
 

 
Aberto 10:00 - 14:00, 17:00 - 21:00

Chegou aos nosos oídos....os negocios de ex alumnos do Ciclo Superior de Comercialización

Chegou aos nosos oídos... que Letty Campelo Torres ex alumna do Aguiar en Secundaria e no Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia iniciou hai un par de meses a súa aventura emprendedora coa franquicia "INSPIRAZZIONE CORUÑA", en r/San Andres nº1 (entre Massimo Dutti e Cafe Universal)

Moita sorte para Letty Campelo Torres

Chegou aos nosos oídos....os negocios de ex alumnos do Ciclo Superior de Comercialización

Chegou aos nosos oídos... que alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia comezan a abrirse paso cos seus negocios.

Recentemente soubemos de Víctor Benavides, ex do Aguiar, que acaba de abrir unha franquicia na Coruña, na rúa Andrés Gaos 35, dedicada a roupa de home CELOPMAN.

Por certo, que preparando esta noticia atopámonos tamén na festa de inaugación do negocio a outra ex-alumna,  Nuria Edreira López (olládea lucindo amplo e contaxioso sorriso na imaxe da dereita)

Tamén tivemos coñecemento da andaina empresarial de Cristina Fuentes. Fai uns anos afincouse en Monforte de Lemos e alí co seu marido administran o Grupo Bodegueiro "Prior de Pantón".

 Dende a "zona nobre" do IES Francisco Aguiar (polos mal informados chamadas "porquerizas") desexamos o maior dos éxitos comerciais ao alumnado do Ciclo e, nesta ocasión, especialmente a Víctor e Cristina.

Elaborar un Plan de Empresa Cooperativo.

Ocórresevos cousa máis elegante que servir nunha celebración suculentas lonchas de xamón serrano.  Imaxinades un xantar máis suculento e delicado que un rico fuet. Sodes capaces de pensar na gastronomía popular e culta do noso país sen a aportación de quen todo se aproveita, mesmo os andares.

Pois daquela entenderedes que por pura constatación histórica chamemos a unha parte do noso instituto "as porquerizas"... pero tamén entenderedes que todos no centro saibamos que tras ese nome agáchase a auténtica "zona nobre" do Aguiar (suculenta como o xamón, delicada como o fuet,  imprescindible como todo o que ven do porco)

Pois en tan privilexiado espazo tivo lugar o martes 28 de outubro unha interesante charla. O profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia en colaboración co Consorcio das Mariñas  organizou unha sesión de traballo para presentar  ao alumnado "como elaborar un plan de empresa cooperativo"

Charla sobre autoemprego.

O martes 14 de outubro, no Instituto Francisco Aguiar, terá lugar unha charla para o alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia.  A sesión de traballo versará sobre "Autoemprego"

Realízase esta actividade grazas á colaboración entre o profesorado deste ciclo e a Oficina de Fomento Cooperativo do Consorcio As Mariñas

Visita de alumnado e profesorado en pleno do Ciclo a Estrella Galicia

De todas as actividades e estudos que fan os nosos compañeiros e compañeiras do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia  unha das máis sufridas Indeciso son as visitas a empresas. e de todas as empresas que visitan (Inditex, Gadisa...) a que máis lle custa Cansoé a que, este ano fixeron o luns 19 de maio, a visita a Estrella Galicia

Momento 1:  "disciplinadamente-escoitamos-a-conferencia-sobre-a-empresa"... pero as caras xa anuncian a primeira pregunta "¿poderemos degustar?"

O editor desta nova non sabe certo se iste é o momento 2: "se queredes probar". ¡Podería! ¿Non si?

O certo é que non houbo degustación (sonche ben profesionais os nosos compas' do Ciclo)... como pode comprobarse no feito de que todos mantiveron a verticalidade no Momento 3: pousado

O Ciclo Superior visita VEGALSA e as cubertas da Catedral de Santiago

 

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotécnia, acompañados polos seus profesores Victoriano e Pancho, tiveron unha volta da ponte ben movida. O luns 5 de maio visitaron as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela e posteriormente as instalacións de VEGALSA.

  ¡ Atractiva combinación de cultura e formación profesional !

O Ciclo Superior viaxa a INDITEX

O xoves 24 de abril,  alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Marketing cursaron visita ás instalacións en Arteixo da empresa INDITEX.

Polas caras...semella que a visita foi ben aproveitada.

Distribuir contido