Lingua Galega e Literatura
'O galego hoxe', compartimos o magnífico traballo de Nuria de 4º ESO
Compartimos con todos vós o excelente traballo realizado por Nuria coma exemplo representativo dos traballos que o alumnado de 4º ESO realizou coa súa profesora Carmen Suárez.
24 de febreiro Día de Rosalía no 'Aguiar'
Hoxe foron varias as actividades desenvoltas para conmemorar o día de Rosalía no Aguiar, primeiro o espectáculo teatral 'Sempre Rosalía' de Producións Dispersas para 1º BAC e 4º e 3º da ESO, organizado polo Departamento de Normalización Lingüística en colaboración con Concello de Betanzos.
Os de 1º e 2º da ESO tiveron a lectura dunha escolma de poemas preparados na titoría polo alumnado de 4º D con Natalia Pou.
Tamén temos os corredores adornados con produccións do alumnado de 4º ESO e a saída poética do alumnado de 4ºB por Betanzos repartindo caraveis e poemas de balde.
Galería de fotos: Caraveis e poemas polo día de Rosalía 2020
Enviado por Pitusa o Ven, 28/02/2020 - 13:58O alumnado de 4º ESO saíu hoxe polas rúas de Betanzos repartindo de balde caraveis e poemas ás persoas que atopaban no seu camiño. Esta iniciativa xurdiu das mentes dos de 4º B que, acompañados da súa titora Carmen Suárez, materializaron esta singular iniciativa.
Compartimos con vós un pequeno álbum con instantáneas na galería fotográfica e un vídeo elaborado por un pequeno grupo de alumnas/os.
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
Día da Rosalía: Saída poética por Betanzos do alumnado de 4ºB ESO
Actividade organizada pola súa titora Carmen Suárez, do departamento de Galego, para conmemorar o día de Rosalía dun xeito especial polas rúas de Betanzos. De 10:40 a 12:20. |
28 de febreiro Día de Rosalía no 'Aguiar' Espéctáculo 'Sempre Rosalía' de Produccións dispersas para 1º BAC, 4º e 3º ESO
Espectáculo de 20 minutos de duración para cada grupo. No salón de actos, a compañía teatral Produccións Dispersas realizará 3 pases do seu espectáculo 'Sempre Rosalía' nos seguintes horarios/turnos:
Curso | Sesión |
1º BAC | 1ª sesión ás 8:45 |
4º ESO | 2ª sesión ás 9:35 |
3º ESO | 3ª sesión ás 10:40 |
Videocrítica 'Palabras envelenadas' de Maite Carranza por Eva de 4º ESO
Continuamos o capítulo de videocríticas de literatura en galego que o alumnado de 4º da ESO está a facer ca súa profesora Carmen Suárez. Hoxe tócalle o turno a Eva que nos recomenda a lectura de 'Palabras envelenadas' de Maite Carranza.
Video crítica 'Kafka e a boneca viaxeira' de Jordi Sierra i Fabra por Misma alumna de 4º de ESO
O departamento de Lingua Galega e Literatura, da man de Carmen Suárez, sorpréndenos este curso coa realización de videocríticas co alumnado. Os alumnos/as recomendan aos seus amigos e ao público en xeral, lecturas que eles mesmos desfrutaron.
Hoxe queremos facer público o traballo de Misma que, con moita naturalidade e soltura, comparte con nós a súa impresión acerca de 'Kafka e a boneca viaxeira' de Jordi Sierra i Fabra
Imaxes dunha inesquecible xornada festiva: Visita dos do Entroido de Samede ao Aguiar
Enviado por Pitusa o Xov, 13/02/2020 - 00:15Este pasado martes 11 recibimos pola trde a un grupo de integrantes da asociación cultural que está a recuperar o Entroido de Samede. Despois dunha charla no salón de actos do centro, despois dunha breve demostración no pavillón do centro, o alumnado de 1º e 2º da ESO case na súa totalidade animáronse a aprender a bailar a 'Muñeira cruzada'.
Grazas a Martín e Alejandro, gaiteiros incansables, e grazas aos integrantes da asociación. Un auténtico pracer.
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
Día das #letrasgalegas 2019: A figura de 'Antón Fraguas' narrado para os 2º da ESO
Xoves 16 de maio de 2019.
De 10:40 a 11:30, no salón de actos, a actriz e contadora de historias, Soledad Felloza co espectáculo 'Do teu xardín', acerca ao alumnado dos 2º da ESO a figura de Antón Fraguas, homenaxeado neste día das letras galegas 2019.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »