Música
Visita de 2º de ESO ao Palacio da Ópera
Enviado por Anónimo o Xov, 05/05/2022 - 11:06"Musiqueando" en Betanzos
O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acudirán ao Cantón Claudino Pita para interpretar pezas músicas.
É unha iniciativa enmarcada na iniciativa "Musiqueando" da COAEM, consistente en concertos escolares nas rúas e prazas.
Colaboración con CEIP Vales Villamarín
Enviado por Anónimo o Ven, 18/02/2022 - 10:18
A finais do pasado mes de xaneiro, a profesora Alba Alonso trouxo ao centro ao alumnado do CEIP Vales Villamarín, para que os rapaces e rapazas de 4º de ESO, na materia de Música, ensinasen aos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria como fixeran a banda sonora dunha cortametraxe animada.
O alumnado do Vales Villmarín puido practicar tamén cos instrumentos, guiados polo alumnado do noso centro. Os nenos e nenas de Primaria desfrutaron moito da experiencia! Haberá que repetir logo para o ano.
Agradecemos a colaboración do CEIP Vales Villamarín, da súas mestras e do seu alumnado.
Asistencia aos ensaios da Orquestra Sinfónica
No día de onte, o alumnado das materias de 1º de Bacharelato "Linguaxe e Interpretación Musical" e de "Obradoiro de Interpretación Musical" tiveron a ocasión de asistir a un ensaio da Orquestra Sinfónica da Galiza. Concretamente, os alumnos e alumnas puideron escoitar o Concerto para violín nº 1, en la menor, op. 77 de Dmitrii Shostakóvich.
A música e a Idade Media (II)
O martes 8 de xuño o grupo de 3ºD de ESO fará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, co obxectivo de relacionar a música medieval co resto das disciplinas artísticas da época: arquitectura, escultura e tamén coa sociedade medieval.
A música e a Idade Media
O venres 28 de maio o grupo de 3ºE de ESO fará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, co obxectivo de relacionar a música medieval co resto das disciplinas artísticas da época: arquitectura, escultura e tamén coa sociedade medieval.
Unha mañá na ópera, O loro de Carlos V no teatro Colón
Imaxes da visita do alumnado de 1º de BAC das optativas Linguaxe e práctica musical e Obradoiro de interpretación músical ao Teatro Colón de A Coruña para asistir á estrea da ópera bufa O Loro de Carlos V. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »