Mediación
Comezos
No curso 2020-2021 impulsados polo Departamento de Orientación e guiados por Ramón Ferreño, un grupo de profesores e profesoras empezamos a formarnos en Mediación Escolar creando no curso 21-22 o Equipo de Mediación do IES Francisco Aguiar. Integrámolo docentes de distintos departamentos e alumnado de distintos cursos para favorecer unha boa convivencia e axudar a resolver pequenos conflitos.
O curso 21/22 tanto os docentes como o alumnado participamos en varias sesións de formación en Mediación Escolar e o ano pasado, unha parte das mediadoras e dos mediadores xunto co novas incorporacións ao equipo completaron a súa formación como Alumnado axudante.