sonAguiar
Formación na radio escolar
Enviado por Anónimo o Mér, 26/04/2023 - 09:58O pasado venres 21 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO participaron de xeito voluntario nun curso de formación en radio escolar. Aprenderon a facer un guión, gravar, empregar o Audacity e manexar a mesa de misturas e o control técnico. Xa están preparados para traballar sós! De feito, o luns no recreo xa foron á radio a poñer en práctica o aprendido.
Aquí tedes varias fotos da xornada de formación.
Graciñas á rapazada por participar!!
SON AGUIAR - Aviso!
ATENCIÓN!
Dado o éxito da Radio Escolar, infórmase que (ademais dos recreos do luns, xa establecidos) gravaranse podcast nos seguintes recreos:
- Primeiro recreo dos martes.
- Segundo recreo dos mércores.
- Os dous recreos dos xoves.
- Os dous recreos dos venres.
Vémonos na Radio!
DÍA MUNDIAL NA RADIO
Celebramos el Día de la Radio este lunes en un instituto de Betanzos, el Francisco Aguiar, explicando a un grupo de alumnos de segundo de bachillerato cómo trabajamos en Radio Voz, además de grabar con ellos un pequeño programa que habían preparado. Bibliotecas escolares de colegios e institutos de toda Galicia cuentan con estos pequeños estudios en los que tal vez se están criando las futuras voces de la radio. O simplemente están descubriendo que un micrófono permite conectarte con el mundo, aprender a expresarte, e incluso puede convertir un tema sesudo de la asignatura de Psicología en un proyecto mucho más divertido porque tú mismo escribes un guion, organizas una estructura y defiendes tu trabajo con los auriculares puestos.
Poetízate. Poesía recitada por 1º de ESO en SON AGUIAR.
Poema "abril " da obra Cantigas para aprender a soñar de Ana María Fernández
Recita Pablo Bugallo
Poema "rúas " da obra Versos da tarde laranxa de Ana María Fernández .
Recita Sabela Gómez
Poema "Xoguete", de Neira Vilas e Anisia Miranda, na obra Cantarolas .
Recita Mar Rodríguez
Poema de Fran Alonso , incuído na obra Cidades.
Recita Juana Barreiro
Poema "O rato" incluído na obra Zoonetos de Antón Cortizas.
Recita Elisa Galdón
Poema " A fala" de Manuel María pertencente á obra As rúas do vento ceibe.
Recita Daphne Fiaño
Poema "Soño" da obra O xardín de Irene de Xosé Neira Vilas .
Recita Amanda Rico
Poema "Xoguete", de Neira Vilas e Anisia Miranda, na obra Cantarolas .
Recita Carmen Suárez Cal.
"A porta" . Poema de María Canosa ( en Vagalume de versos ) .
Recita Samuel Edreira Pita
Poema " o tren" de Concha Blanco.
Recita Alejandro Carro.
Poema " Perdín un bico " de Antonio García Teijeiro incluído no libro Para Cantar e Contar.
Recita Adriana Naveiro
Poema " Treboada" de Xosé Neira ( Un niño no xardín) .
Recita Julia Seijo.
"Era unha vez unha quimbamba" de Antón Cortizas.
Recita Nicole Alejandra Fernández
" Palabras" Poema da obra O Xardín do Pasatempo de Ramiro Fonte.
Recita Celia Matos
Letras Galegas 2021 Xela Arias. Pequenos podcasts orixinais do alumnado de 4º ESO TIC
Compartimos pequenos episodios de podcasts realizados polo alumnado de 4º ESO TIC. Guións, locucións e montaxes orixinais do alumnado que, este ano, quixemos adicar a celebrar o día das Letras Galegas.
En espera das entregas máis rezagadas, podedes disfrutar dos primeiros na nosa canle de ivoox:
Cuentos actualizados: Los cuatro amigos.
Desde el Deparatamento de Lengua Castellana comenzamos una simpática adpatación de cuentos populares realizados y narrados por el alumnado de 1º ESO.
Día de Rosalía 2021, recitado de poemas de Rosalía para coñecer e difundir a súa obra. Son Aguiar. Radio na Biblio
Compartimos con todos vós os poemas de Rosalía de Castro recitados por alumnado de 1º BAC e 4º da ESO para conmemorar o seu día, 24 de febreiro.
Grazas aos participantes por prestar voz e sentimento ás palabras da nosa escritora. Grazas por dar voz á nosa lingua e a nosa radio. Grazas tamén a Carme Suárez por esta iniciativa que inclúe 52 poemas dos que non quixo renunciar a ningún, dándolle voz a todo o seu alumnado.
Á pregunta, ''cal foi o recitado que máis che gustou?'', Carme non quixo contestar. Poderías axudarnos ti a decidir cal é o poema máis sentido, a mellor interpretación, ... Envíanos se queres a resposta á nosa conta de correo da biblio.
"SON AGUIAR" Hoxe no recreo falamos de... ECOLOXÍA con Celtia
13 de febreiro. Celebramos.... o DÍA DA RADIO.
Que mellor maneira que botando de novo a andar a nosa radio, "SON AGUIAR" !!
Para este retorno radiofónico contamos con tres
espilidas
esperanzadoras
especiais
espumantes
reporteiras:
emma,sofia,paula
sonAguiar no aire, 1º podcast LETRAS GALEGAS 2020
Comezamos este curso co programa radio na biblio, do que publicamos aquí o noso primeiro episodio con motivo do Día das Letras Galegas 2020.
Gracias a todo o alumnado e profesorado participante, polo voso esforzo e colaboración á hora de dar visibilidade e promoción ao día das nosas letras. Grazas polo sentir e polo amor pola lingua que transmitides en todos e cada un dos máis de 111 audios. Agardamos que toda a comunidade educativa nos axude a darlles difusión e vida escoitándoos e compartíndoos cos seus achegados.
Tamén presentámos o logotipo da nosa radio, deseñado por un Pablo 4ºESO TIC, e o nome da mesma, froito da creatividade de Yago de 4º ESO TIC
Esperamos as vosas subscricións á nosa canle de iVoox. Saúdos