Eventos - Filtro:
Dom | ||
---|---|---|
Start: 14/01/2024 18:51
Jólabókaflód: esta palabra intraducible denomina a tradición islandesa consistente en agasallar libros durante o Nadal para comezar a ler na Noiteboa. Aínda que non chegamos ao modelo de Islandia, si é certo que nestas festas houbo ocasións para recibir libros. Probablemente, non tantos como os que pinta Ella F. Sanders. Para os que desexen estar atentos ás nosas suxestións, recomendamos a lectura duns poemas de Samuel Merino e un hilarante relato de Jonas Jonasson. |