Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
20
Start: 20/11/2023 21:01
Mañá martes 21 de novembro será inaugurada no Kiosco Alfonso da Coruña a mostra As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido.
A exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG), coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, conta co escritor e xornalista Xesús Fraga como comisario deste proxecto, que relata, a través de obxectos e outros documentos, as historias dos seus protagonistas.
O Montserrat e o seu xemelgo Begoña foron dous barcos da compañía transatlántica que fixeron as travesías entre Galicia e o Reino Unido. Entre 1960 e 1974 viaxaron, seguindo este traxecto, uns 240.000 galegos e galegas.
O primeiro dos barcos dálle nome á exposición, que traza, desde outro punto de vista, un dos fluxos migratorios menos visibilizados da emigración galega.
Fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, e outros materiais, permiten contar as peripecias vitais dos viaxeiros que arribaron, as veces en travesías de ida e volta, en portos galegos e británicos.
É a memoria emocional de varias xeracións que cambiaron o rumbo das súas vidas e, con elas, tamén o do seu país.
A mostra estará aberta ata o día 14 de xaneiro.
| 21
| 22
| 23
| 24
| 25
| 26
Start: 26/11/2023 10:48
Cando o lector de Ninguén queda remata o preámbulo da obra, xa queda advertido da singularidade da peza. Esta é a ladaína: Barcela, A Barqueira, Colomba, Lorizo, Pena de Nogueira. Os nomes das aldeas asolagadas: os abelorios dun rosario que alguén deixou durmido, sobre as sabas revoltas da cama sen fazer dun estudante estranxeiro.
Traspasado en silencio o limiar, o barullo das moitas voces da cidade de Nova York, o estrondo do tráfico, e mesmo o estremecemento dos edificios sostidos por andamios voluntariosos, envisgan a melodía do Allegro deconstruído dunha Raphsodia in blue, pulsada, na boca do metro, polo clarinetista que espera xuntar as moedas necesarias para pillar algo no Deli.
Arthur Tannenbaum existe. As cidades bombardeadas, lamentablemente, tamén existen. A memoria esnaquizada dos desposuídos, dos exiliados, merece ser preservada, reconstruída, na procura da xusticia, ou cando menos, para alivio do loito, porque «as cousas teñen o seu sitio e cando as cambias de lugar, poden aguantar pero o máis seguro é que non dean aguantado».
E a continuación, o estudante retornado se deixa acompañar na súa viaxe a Ernes polo Lamento de Marcial del Adalid. A serenidade que ofrece o Largo non deixa de suliñar unha evidencia: a muller fotografada por Ulric Benman non é outra que Leonita Portela. No faiado da casa comunitaria pelexa coa couza o museo etnográfico de Ernes.
Esa e a melodía que atravesa Os que marchan e Os que volven.
E así quedamos nós, os netos dos famentos comedores de patacas, os fillos da clase media, esperando a que o rider chegue axiña á casa co noso pedido: dous ou tres cartóns de pringles cos que contentar a nosa bulímica cegueira.
Ou non...
Porque cando no fío musical de calquera ascensor da cidade de Nova York asome A house is not a home, Brais Lamela deberá recordar as sabias palabras de Blas Lamela: «...ti sempre dis non queda ninguén ou non queda nada pero algunha cousa paréceme a min que queda».
Francisco Rodríguez Coloma [Texto]
&
Ana Tomé [Fotografías]
Start: 26/11/2023 13:17
|