Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
14
| 15
Start: 15/11/2022 20:07
JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores», AGAL, Santiago, 2022, 112 páxinas. Esta semana recibimos con xúbilo a visita de Javier Vázquez Costa, [ex] alumno do noso IES, que veu a agasallar á nosa biblioteca cun exemplar do seu primeiro libro.
A súa titora do Traballo de Fin de Master, Teresa Moure, ante a excelencia do texto de Javier, Graduado en Ciencias Políticas pola USC, recomendou á editorial a publicación deste ensaio subtitulado As masculinidades nos videojogos. Dúas observacións finais: Primeira: nestes momentos Javier está a traballar na empresa NorQuality no Departamento adicado ao deseño de plans de igualdade. Segunda: a adicatoria (Para el IES Francisco Aguiar por enseñarme tantas cosas permitirme conocer a compas y profes increíbles y por ser la inagotable fuente de sueños y fantasías de tanta gente), non foi obtida a punta de pistola. Parabéns, Javier!
| 16
| 17
all day
- O alumnado de bacharelato propuso as seguintes frases para `botar unha pensada´.
all day
O 17 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA.
| 18
| 19
| 20
Start: 20/11/2022 15:42
A imaxe de Pau Valls está atravesada por unha liña diagonal. Entre o balón de fútbol e o libro, quedamos cun libro no que, por que non, se poida falar de fútbol... Eso si: preferimos os campos de O Carregal ou Riazor aos estadios de Qatar. A nosa vitoria: aprender a saber perder para, cando corresponda, saber ganar con dignidade e respecto aos compañeiros que tiveran xogado no papel de adversarios. |