Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
Start: 05/11/2021 15:31
ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 5 DE NOVEMBRO DE 2021
Ás 11:30 horas do 5 de novembro de 2021, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día:
Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:
Prazo de presentación de candidaturas: Do 8 ao 15 de novembro, ambos incluidos. [Nesta entrada están os modelos para a presentación das candidaturas ben na secretaría do IES ou ben vía correo electrónico solictando rexistro de entrada] Proclamación provisional de candidaturas: 16 de novembro.
Prazo de reclamacións: 17 - 18 de novembro.
Proclamación definitiva de candidaturas: 19 de novembro
Votación alumnado: 23 de novembro
Votación profesorado: 23 de novembro [apertura de mesa:10:20 / peche da mesa: 11:30]
Votación pais/nais: 23 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
Votación do PAS: 23 de novembro de 16:30 ás 18:30
Proclamación de candidatos electos: 29 de novemembro
Pablo Gilsanz Pérez [representante do alumnado]
José Luis Yáñez Villaverde [representante do PAS]
Xosé Manuel Montero Gómez [representante do profesorado]
Xesús Fraga Sánchez [representante de nais, pais, titopres legais]
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]
En Betanzos a 05 de novembro de 2021
|