Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Entre os días 5 e 29 de outubro o edificio Liceo de Betanzos acollerá unha exposición coas fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO no curso 2020/21. Animamos a toda a comunidade educativa a visitar a exposición e admirar as fotos realizadas polo alumnado.
Start: 13/10/2021 18:11
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS Presentación do libro do noso compañeiro Óscar García Ramos, Consecuencias, [Calderón, Malpica, 2021], gañador do XXIV Premio de poesía Francisco Añón | (2020). Na presentación [Libraría Biblos, 19:30] estará acompañado por Xosé Luis Mosquera. Poesía ao cadrado.
Óscar García Ramos e Xosé Luís Mosquera indagaron onte no complexo universo de “Consecuencias”, o poemario do que é autor o primeiro e que onte presentou o segundo na libraría Biblos de Betanzos. Ambos se manexaron con humor encomiable por un mar de referencias para achegarnos á parte máis afastada desta lectura, que foi merecedora do XXIV Premio Francisco García Añón. O libro está publicado por Caldeirón, nunha edición limitada e numerada á man que podedes atopar en Biblos. No acto participou asemade o editor, Eduardo Estévez. Carmela González |