M O I I M P O R T A N T E
PROBAS ACCESO UNIVERSIDADE (ABAU) ALUMNOS BACHARELATO - xuño 2018
MATRÍCULA:
Día 24 de maio : Matrícula en Secretaría das probas de acceso e solicitude título Bacharelato(Ten que realizarse única e obrigatoriamente este día).
Documentos necesarios:
- Impresos de matrícula (a recoller en conserxería) debidamente cubertos e aboando as taxas en entidade bancaria : 63,67 € (Para familia numerosa 31,84 €
- Solicitar o título de Bacharelato aboando as taxas en entidade bancaria : 50,82 € (Para familia numerosa: 25,44 €)
- 2 fotocopias e orixinal do D.N.I. ou pasaporte no caso de estranxeiros (para compulsar).
Día 29de maio:OS/AS ALUMNOS DEBERÁN REVISAR NA SECRETARÍA DO INSTITUTO OS DATOS CONTIDOS NAS LISTAXES DE MATRICULADOS (podendo interpor reclamación aos mesmos ese mesmo día en horario de 9.00 a 14.00 no centro)
No momento da matrícula no centro, xerarase unha solicitude de conta de usuario para poder acceder a NERTA (aplicación informática de xestión de acceso ao sistema universitario de Galicia) automáticamente. O alumnado recibirá na súa conta de correo electrónico o código necesario para activar a conta de usuario e información cos pasos a seguir para completar a activación da conta de usuario solicitada. Todas as contas de usuario de NERTA xestionaránse de maneira independente na aplicación https://www.edu.xunta.es/contausuario, nesta aplicación o alumnado poderá activar a conta, cambiar o contrasinal, desbloquear a conta, etc.
As incidencias que poidan xurdir relativas a esta aplicación deberán dirixirse á Unidade de Atención a Centros (UAC) no teléfono 881 99 77 01 .
Unha vez teñas activada a túa conta, para entrar na aplicación introduce o teu usuario (ueXXXX) e contrasinal, unha vez identificado como usuario, aparecerá o menú da aplicación : NERTA – Xestión do acceso ao sistema Universitario de Galicia.
EXAMES:
Probas: Os exames terán lugar os días 12, 13 e 14 de xuño, segundo o horario indicado no Anexo II (ó dorso).
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais - Campus de Elviña (Comisión Delegada nº 6) - Tfno.: 981/16.70.00 ‒ Extensión 2409 Fax: 981/16.70.70
CUALIFICACIÓNS:
Publicación das notas: Faranse públicas en Internet o día 22 de xuño a partir das 20:00 h.
Entrega das tarxetas de cualificación: O día 26 de xuño os LERDS enviarán por correo aos centros de ensino secundario as Tarxetas de Cualifación de Selectividade.
Enderezos web para a xestión e información relacionada con selectividade e matrícula Universidade:
CiUG: http://ciug.cesga.es
Nerta: www.edu.xunta.es/nerta
AVISO: A EMPRESA GILSANZ PON GRATIS UN AUTOBÚS PARA IR ÓS EXAMES (SÓ A IDA), HAI QUE ANOTARSE EN SECRETARÍA.
Betanzos, a 10 de maio de 2018