Articles
A importancia dos Primeiros Auxilios coa Cruz Vermella de Betanzos
Enviado por chus.pardo o Mér, 17/04/2024 - 13:57O 12 de abril os alumnos de 1º curso de Marketing e Publicidade tiveron un taller destinado a enriquecer os seus coñecementos e habilidades no ámbito dos primeiros auxilios, co fin de que sexan quen de actuar de forma efectiva en situación de emerxencia.
Durante a primeira parte da sesión, afondamos nos fundamentos teóricos dos primeiros auxilios, abordando conceptos clave relacionados coa identificación de riscos, as causas dos accidentes e os procedementos adecuados para abordar cada tipo de situación de emerxencia.
A segunda parte do taller, de natureza totalmente práctica, proporcionounos a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos nun entorno simulado de situacións de emerxencia. Neste contexto, os estudantes enfrontáronse a escenarios simulados de feridos inconscientes que requirían reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico. Ademais, abordáronse situación de atragoamento e comprobamos como realizar adecuadamente a manobra de Heimlich para desobstruír as vías respiratorias.
Agradecemos á Cruz Vermella de Betanzos a súa colaboración e dedicación na formación dos nosos estudantes neste aspecto crucial para a seguridade e o benestar da comunidade.
Visita a Maruxas de Nata
O departamento do Ciclo Superior organizou unha nova visita empresarial. Desta volta, á empresa Maruxas de Nata, en San Sadurniño.
Visita ao Mercadona
O alumnado de 2º do Ciclo Superior fixo unha visita ao Mercadona, para aprender como funciona unha grande superficie.
Visita guiada polo Porto da Coruña
O alumnado de 2º do Ciclo Superior e o de Empresa e Deseño de Negocio de 2º de Bacharelato fixeron unha visita guiada polo Porto da Coruña.
DESCUBRIMOS O MUNDO EMPRESARIAL: VISITA DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS A DA VEIGA (Chantada)
Enviado por chus.pardo o Ven, 17/11/2023 - 19:30Unha xornada moi enriquecedora na que tivemos a ocasión de mergullarnos no mundo empresarial a través da visita a Da Veiga, que ofreceu ó alumnado dos Ciclos de Comercio e Marketing unha visión integral do proceso produtivo da compañía e unha inmersión nos fundamentos nos que se basea o seu éxito.
Xosé Lois Llamazares, Coordinador Xeral de Da Veiga, revelounos os elementos esenciais na creación da empresa e a misión e valores que a impulsan, destacando o compromiso coa contorna, a sostenibilidade e a innovación. Ademais, achegounos información técnica dos seus desafíos e logros mais recentes.
Posteriormente realizamos un pormenorizado detallado polas instalacións, onde observamos cada fase do proceso produtivo, destacando os rigorosos estándares de calidade e a eficiencia na produción.
Con esta experiencia Da Veiga amósasenos como un exemplo inspirador de éxito empresarial que motiva ó alumnado a traballar pola excelencia nas súas futuras carreiras profesionais.
Percorridos por Betanzos
Ao longo dos meses de setembro e outubro, o alumnado de 1º CS Márketing e Publicidade e 2º CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais fixo diversos roteiros por Betanzos para coñecer a contorna. Estas actividades enmárcanse dentro do proxecto de dinamización lingüística DinamizaBE, que busca a dinamización turística e comercial da zona.
O noso agradecemento a Elena Carro, técnica de Turismo do Concello de Betanzos, por guiarnos durante os percorridos.
Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (3)
O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “Betanzos en feminino e artistas”
Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (2)
O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “Betanzos monumental e modernista”.