Orientación

Charlas Informativas Sistema Universitario Galego: UVigo, USC e UDC

Ao longo destas dúas semanas contamos no instituto coas charlas informativas sobre as distintas Universidades do sistema universitario galego (SUG), que nos informaron sobre os graos que imparten, as becas, as residencias, os campus que as forman … e todas aquelas cousas que poden ser de interese para o alumnado de 2º de bacharelato.

Taller para a prevención da ”Discriminación por razón e/ou orientación sexual" da Cruz Vermella

   O martes día 12 celebrase o Taller para a prevención da Discriminación por razón e/ou orientación sexual" da Cruz Vermella.  Elena, técnico nesta organización, estivo traballando cos rapaces e rapazas de 4º da ESO conceptos básicos como son a identidade, o xénero, o respecto, a tolerancia,  etc.

Visita aos centros de FP de Lugo

 

Probas libres de obtención do Título de Bacharel

 CONVOCATORIA 2019 - GALICIA

 

Nova emisión en Radio Palas FM - Correspondentes Xuvenis

E un xoves máis continuamos co programa de "Correspondentes Xuvenís" en Radio Palas FM, nesta ocasión tocoulle a quenda a Lucía, Noemí, Sonia e Laura de 1º de Bach. Desta volta informáronnos sobre:

  • Cursos de idiomas en Europa.
  • Probas e acceso a ciclos formativos
  • Probas para a obtención do título da ESO
  • Galiciencia
  • Saúde e bos hábitos
  • Como ser profesor/a de autoescola
  • Etc.

E algunha cousiña máis que non te podes perder!!!  

  O vindeiro xoves daranlle o relevo outros/as compañeiros/as de 1º de Bach para seguir informándonos a través das ondas, mentres tanto podedes ver un pequeno resumo en imaxes das nosas alumnas na radio.

 

 

Probas libres de obtención do Título da ESO

CONVOCATORIA 2019 - GALICIA

Corresponsales Xuvenís - Radio Palas FM

Hoxe, volvemos á radio para seguir co programa de "Correspondentes xuvenís" como cada xoves.

Nesta ocasión contamos con Noel, Alex, Adrián e Marcos de 1º de Bacharelato, os cales nos informaron sobre diversos temas de interese xeral. 

Correspondentes Xuvenís 3.0

Esta semana comezamos a andaina do programa “Corresponsais xuvenís 3.0",  nel participan algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, de 1º de Bach. e unha alumna de 2 Bach.  O alumnado convértense  durante o curso en “antenas informativas” que se farán eco daquelas novas que, a criterio deles, consideren máis importantes. Deste xeito, facilitarannos información sobre axudas, concursos, recursos…. que todas as semanas chegan ao centro a través de xuventude.org da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. 

O alumnado de 3º da ESO é o encargado de ter actualizado o taboleiro de novas do centro, as alumnas de 4º da ESO e 2º de Bach. da rede social “Instagram” e o de 1º de Bach. todos os xoves infórmanos a través da radio de Palas.

Se queredes estar informados non vos perdades as nosas redes e escoitádenos nas ondas todos os xoves! 

Información xeral sobre as probas de acceso á FP

Proximamente estará aberto o prazo de inscrición as probas de acceso aos CM e CS.

Distribuir contido