Orientación

Beca Eurolingua

Por sétimo ano consecutivo  Eurolingua convoca  as  súas bolsas para a realización de cursos de Inglés en Irlanda de  dúas semanas de duración durante ou verán,  nun programa de inmersión todo incluído,  dirixido a  estudantes con  unha  idade mínima de 14 anos.

A  metade as bolsas están reservadas para  estudantes  galegos.

O programa está becado ao 100% e  inclúe:

Vender 2.0 - EFA Piñeiral

Hoxe, martes 26 de marzo, contamos no centro con profesoras e alumnas e alumnos da EFA Piñeiral de Arzúa que a través do programa "Vender 2.0" acercaronnos aos ciclos de panadaría, repostaría e confeitaría. 

Deste xeito, o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de FP básica pasaron un rato divertido facendo repostería e vendo como se pode comercializar un produto. 

Aquí un pequeno resumo en imaxes.

Plan Director para a Mellora da Convivencia

O luns 18 de marzo contamos no centro coas charlas do "Plan Director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos".

Ramón Peña, formador da Garda Civil, foi o encargado de impartir as charlas sobre:

  1. "Acoso escolar" para 1º da ESO.
  2. "Drogas e Alcol" para 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de FP Básica. 

Grazas a Ramón por facer que estas charlas sexan tan dinámicas e participativas.

Charla familias: "O alcol e outras drogas" (Plan Director para a mellora da convivencia e da seguridade)

O martes pola tarde, 12 de marzo, tivemos unha charla para as familias do noso alumnado sobre "O alcol e outras drogas" a cargo de Ramón Peña, formador da Garda Civil.

1ºESO - Plan Proxecta: Apuntámonos a non beber

Este martes, 12 de marzo, os alumnos e a alumnas de 1º da ESO, tiveron a charla para a prevención do consumo de alcol en menores e atraso da idade de inicio no seu consumo, todo elo enmarcado dentro do plan proxecta, no programa "Apuntámonos a non beber", programa que se desenvolve a través da colaboración entre a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade, no que se busca desenvolver actividades de promoción da saúde nos centros educativo e a prevención de trastornos adictivos entre os escolares.

8 MARZO - Día Internacional da Muller

  Este ano levamos a cabo unha actividade conxunta entre o CIM do Concello de Palas, o centro de primaria e o instituto para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, unimonos para realizar unha andaina reinvindicativa, dende o Concello ata a Casa da Cultura, na que loitamos polos mesmos  dereitos para as mulleres mulleres que para os homes, a igualdade real e a equidade de oportunidades en todos os ámbitos da sociedade e da vida persoal.

Charla temática da USC_ Como cambia o significado das palabras?

Hoxe, 7 de marzo, contamos no instituto con Xulio Sousa Fernández, profesor da Facultade de Filología Galega da USC, para explicarnos como cambia o sigificado das palabras. Xa que en todas as linguas  as palabras cambian de significado co paso do tempo. Unhas veces fano de forma rápida e perceptible para nós, outras despois de décadas de uso, pero case sempre de xeito sorprendente e sen que nos decatemos. 

Polo que nesta charla mostrase mediante exemplos do galego e doutras linguas, que o cambio, en todos os seus sentidos, é unha característica connatural a todas as linguas vivas e que está ligado estreitamente coas modificacións que viven as sociedades e as culturas. Ademais, analizaronse os mecanismos máis comúns que empregan as linguas para mudar e diversificar o significado e uso das palabras. 

Así vimos como cambiu o significado da palabra almorzar, que anteriormente, en castelán e galego facía referencia a mesma comída do día ou tamén como as patacas se che chamaban en Galicia, as "castañas da terra", similar ao como se che chaman en Francia, "pommes de terrer".

Correspondentes xuvenís 3.0_ Carné Xove

Fai un par de meses comezamos a colaborar no programa "Correspondentes xuvenís 3.0" de xuventude.org da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.  Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO a través do taboleiro de novas e do instragram e da radio de Palas FM os de 1º de Bach. convertéronse en "antenas informativas" que se encargan de seleccionar a información que lles chega e difundila a través de distintas canles.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeira no ano 2019

Se convocan son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras. 

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de inte- gración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20. 

Distribuir contido