Plan Director para a Mellora da Convivencia

O luns 18 de marzo contamos no centro coas charlas do "Plan Director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos".

Ramón Peña, formador da Garda Civil, foi o encargado de impartir as charlas sobre:

  1. "Acoso escolar" para 1º da ESO.
  2. "Drogas e Alcol" para 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de FP Básica. 

Grazas a Ramón por facer que estas charlas sexan tan dinámicas e participativas.