Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeira no ano 2019

Se convocan son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras. 

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de inte- gración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20. 

  • Persoas beneficiarias e requisitos 

1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos: 

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1, 2, 3 ou 4 da educación secundaria obrigatoria ou 1 ou 2 de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia. 

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2017/18. 

c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de Ben no 6 curso de educación primaria para o alumnado de 1 de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2, 3 e 4 curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía. 

d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2018/19, nun centro da Rede de centros plurilingües. 

  • Solicitudes, presentación e prazo

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

As persoas que o desexen poden completar en liña o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat, correspondente aos anexos I e II, os mesmos que os obtidos a través da sede electrónica, que a persoa interesada deberá imprimir.

A solicitude (anexo I) deberá asinala o representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de alumnado menor de idade) ou o alumno ou alumna maior de 18 anos. Posteriormente e antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto co anexo II debidamente asinado, así como a documentación complementaria necesaria, por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento admi- nistrativo común das administracións públicas. 

 O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICTUDES SERÁ DUN MES, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes. 

  •  PRAZO PRESENTACIÓN: 21 DE FEBREIRO AO 20 DE MARZO

 

ENLACES DE INTERESE:

  Máis información no Dpto. de Orientación

 
FONTE: Consellería de Educación