Probas de Acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

 

Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión ao Grao en Ciencias da Actívidade Física e do Deporte deberá cubrirse o formulario  online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.

As persoas que desexen tomar parte nas probas específicas cursarán a súa solicitude dirixida ao decano da facultade a través de internet, sendo obrigatorio achegar unha fotografía  escaneada, nos prazos sinalados nas presentes bases.

Os aspirantes entregarán a documentación esixida nesta convocatoria na administración da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, persoalmente ou ben a través de correo certificado nun prazo máximo dos 10 días posteriores á data da solicitude, e sempre dentro do prazo de matrícula. A estes efectos, será de aplicación o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro dos prazos que se sinalan e de acordo coas seguintes condicións:

A documentación que deberán presentar é a seguinte:

  • Copia impresa da solicitude cursada por internet.
  • Tarxeta de exame debidamente cuberta, con fotografía adherida.
  • Fotocopia do DNI
  • Certificado médico expedido en data recente (como máximo nos catro meses anteriores ao prazo de entrega da documentación) en que se faga constar que o solicitante non padece ningunha enfermidade ou patoloxía na que estea  contraindicada a práctica deportiva.
  • Resgardo de abonar os dereitos de exame e o pago do seguro de accidentes, así como a documentación xustificativa en caso de exención (indicando no “concepto” o nome do alumno).

Os prazos de matrícula para as probas específicas de acceso serán os seguintes:

  • Oportunidade do 6 de abril de 2019: do 11.02.2019 ao 10.03.2019 a as14:00  h (ambos inclusive)
  • Oportunidade do 19 de xuño de 2019: do 15.04.2019 ao 14.05.2019 ás 14:00  h (ambos inclusive). A esta oportunidade poderán concorrer aquelas persoas que non obtiveron a cualificación de APTO na oportunidade de abril e tamén aqueloutras que por calquera circunstancia non se presentaron a esta.

Tras o peche do prazo de matrícula de cada oportunidade publicarase a relación provisional de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios e na páxina web da facultade, e abrirase un prazo de cinco días naturais para posibles reclamacións. A relación definitiva de admitidos será publicada nos mesmos lugares. Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante o reitor, no prazo máximo dun mes que contará a partir do día seguinte da súa publicación.

 

O importe dos dereitos de exame será de 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes, cantidades que se abonarán nun único pago. As posibles bonificacións ou exencións de prezos estarán suxeitas ao que está disposto no artigo 10.2 da Normativa de Xestión Académica para o curso 2018/2019, aprobada por Resolución Reitoral do 30/05/2018.

O pago dos dereitos de exame e do seguro de accidentes debe realizarse na seguinte conta:

IBAN ES27 0238 8101 29 0660000674 do Banco Pastor (Banco Santander) Para pagos fóra de España BIC  PSTRESMM

O pago dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades previstas nesta resolución (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que abonar novamente o seguro de accidentes, cursar a solicitude por internet nos prazos indicados e remitir copia da solicitude, resgardo do pago do seguro e o certificado médico, no caso de que a data de expedición supere os catro meses.

 

ENLACES de INTERESE

 Máis información no Dpto. de Orientación

FONTE:UDC

AdxuntoTamaño
TARJETA EXAMEN PRUEBAS FISICAS CASTELLANO_1519736515785.doc111.5 KB