Charla familias: "O alcol e outras drogas" (Plan Director para a mellora da convivencia e da seguridade)

O martes pola tarde, 12 de marzo, tivemos unha charla para as familias do noso alumnado sobre "O alcol e outras drogas" a cargo de Ramón Peña, formador da Garda Civil.

Esa actividade enmarcase dentro do "Plan Director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos", durante o transcurso da mesma informouse acerca dos perigos do alcol, das bebidas enerxéticas que están tan de moda entre os adolescentes e que mezclan co alcol, o tabaco, o cannabis,  as apostas que realizan a través de internet, como por exemplo apostas deportivas, os perigos dos xogos como o fortnite, a adición a internet e as redes, etc. Así mesmo puidemos ver onde informarnos e a onde acudir en caso de precisar axuda. 

Soamente queda dar as grazas a Ramón Peña por facer esta charla dinámica e amena.  

 Aquí un pequeno resumo en imaxes da charla. 

Grazas a todos e todas as que participastes!!!