1ºESO - Plan Proxecta: Apuntámonos a non beber

Este martes, 12 de marzo, os alumnos e a alumnas de 1º da ESO, tiveron a charla para a prevención do consumo de alcol en menores e atraso da idade de inicio no seu consumo, todo elo enmarcado dentro do plan proxecta, no programa "Apuntámonos a non beber", programa que se desenvolve a través da colaboración entre a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade, no que se busca desenvolver actividades de promoción da saúde nos centros educativo e a prevención de trastornos adictivos entre os escolares.

Así mesmo con este programa pretendese:

  • Atrasar a idade de inicio do consumo de alcol na adolescencia.
  • Potenciar as habilidades para saber dicir NON ante as presións grupais.
  • Coñecer os mitos en canto ao consumo de alcol e outros estupefacientes.
  • Coñecer principios básicos relacionados coa lexislación en materia de prevención do alcolismo en relación cos menores.
  • Coñecer a relación entre o consumo de alcol e a saúde e cos riscos de exclusión social.
  • Analizar con espírito crítico a publicidade do alcol e a procura dos novos consumidores (mensaxes, cores, imaxes, linguaxes; asociación entre o consumo de alcol con determinados valores sociais: ex. éxito social, estatus social...).
  • Desnormalizar a conduta de consumir alcol en idade adolescente (ata os 23 en homes e 21 en mulleres, data límite do desenvolvemento cerebral).
  • Desenvolver habilidades sociais e estratexias de socialización e de asertividade en ámbitos libres de alcol.
  • Aprender a canalizar os propios intereses para construír modelos de ocio alternativos ao alcol.

Aquí un pequeno resumo en imaxes da charla. 

 

E ágora xa toca empezar a traballar no noso proxecto! Imos alá!