Orientación

"Mozas do rural con proxecto"

 O venres 11 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º da ESO,  participaron na actividade: "Mozas do rural con proxecto" e viviron de primeira man, grazas aos alumnos e alumnas do CS de Gandería e asistencia en sanidade animal de Coristanco, como emprenden as mulleres do rural a través de tres iniciativas que se dan na Comarca da Ulloa:

Premiados Plan Proxecta: "Apuntámonos a non beber"

 

Este ano o noso proxecta "Camiñando de xeito saudable" gañou o premio na categoria  "Analise da publicidade de bebidas alcohólicas" e segundo nos informou Esperanza Otero,  Coordinadora do programa. X.T. de Sanidade de Lugo que "tendo en conta a calidade dos traballos presentados e ao producirse un empate nas puntuacións alcanzadas o xurado decidiu premiar a 3 aulas na categoría “análise da publicidade”. Asi, nesta edición serán 4 aulas as que disfruten dun día no aquapark de Cerceda". 

 

Asi que soamente nos queda darlle a noraboa aos nosos alumnos e alumnas de 1º da ESO que co seu esforzo e traballo, ao longo deste curso académico, conseguiron gañar este premio, así que agora xa lles toca desfrutar hoxe 27 de xuño do seu premio en Cerceda.

 

 

Este proxecto traballase de xeito interdisciplinar entre os departamentos de Bioloxía, Inglés, Tecnoloxía e Orientación.

Correspondentes Xuvenís: entrega de diplomas e carnés

Hoxe  puxemos o broche final ao traballo no programa Correspondentes Xuvenís, no que contamos coa presenza de José Manuel Balseiro Orol (Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo), Pablo Taboada Camoira (alcalde de Palas de Rei), Federico Pérez Morán (Inspector educativo), Suso Antelo (Director do Centro Coordinador de Información Xuvenil) e María Graíño (Xefa de Servizo de Xuventude de Lugo) que fixeron a  entr

Avaliando o proxecta _Apuntámonos a non beber: "Camiñando de xeito saludable"

Hoxe, 19 de xuño, aproveitamos a titoría para avaliar o noso traballo no plan proxecta “Camiñando de xeito saudable", necesitabamos reflexionar sobre o que fixemos, o que esperábamos, o que deberiamos mellorar, o que nos gustou o que non, o noso traballo en grupo….. para poder así establecer un plan de mellora de cara a vindeiras edicións ou outros traballos que queiramos desenvolver no instituto. 

FP: Admisión curso 2019/2020

Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou de persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2019-2020 serán os seguintes: 

Correspondentes xuvenís: Despedindo Radio Palas FM

Hoxe despedímonos da nosa participación no programa "Correspondentes xuvenís 3.0" en Radio Palas Fm, esta andaina comezou no mes de novembro e co curso académico rematando toca poñer un punto... o que non sabemos si será un punto seguido ou un punto final mentres quedámonos con todas as experiencias vividas que nos permitiron coñecer un mundo novo e poder informar aos oíntes das novas que nos chegaban semana tras semana. 

Visita dos alumnos e alumnas de 6º Educación Primaria

Nesta xornada de acollida realizamos unha pequena presentación sobre o que supón o paso de primaria a secundaria, aproveitamos para que o alumnado de 1º da ESO respondese a aquelas preguntas ou inquedanzas que tiñan os alumnos e alumnas de primaria e posteriormente fixemos un percorrido polas instalacións do centro, axudados por dúas alumnas de 1º da ESO que lles serviron de guías polo instituto. 

Actividade de cohesión TEI: Guíame!!

O martes, 11 de xuño, titorandos/as e titores/as pasamos unha xornada moi divertida coa actividade Guíame, na que primeiro uns e logo outros terían que guiar ao seu compañeiro/a,  que ía cos ollos pechados,  a través dun circuíto de obstáculos. 

  •  TEI - curso 2018/19

 

Proxecta_apuntámonos a non beber: "Camiñando de xeito saudable"

Os alumnos e alumnas de 1º da ESO este ano participaron no proxecta “Apuntámonos a non beber” que ten como un dos seus obxectivos previr o consumo de alcol en menores e adiar o inicio do seu consumo.

Charla informativa CB e CM de Madeira e moble.

O martes 4 de xuño contamos coa charla informativa a cargo dun profesor da familia profesional de Madeira, moble e cortiza do IES de Melide, nela informóusenos acerca do ciclo de formación profesional básica e o ciclo medio desta familia profesional ao alumnado de 2º e 4º da ESO.

 

Distribuir contido