FP: Admisión curso 2019/2020
Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou de persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2019-2020 serán os seguintes:
- O prazo ordinario será do 24 de xuño ata as 13:00 horas do 2 de xullo.
- O prazo extraordinario, só para ciclos de grao medio, abranguerá desde o día 2 ao 10 de setembro ás 13:00 horas. Para presentar a solicitude de inscrición para ciclos formativos de formación profesional hai que ter en conta o seguinte:
- Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no momento da inscrición.
- As solicitudes presentadas no período ordinario terán prioridade sobre as presentadas no período extraordinario.
- Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión en ciclos formativos. Deste xeito, tan pronto se efectúe unha matrícula as solicitudes desa persoa son excluídas do proceso de admisión, agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
- As persoas admitidas en FP dual quedarán excluídas do procedemento de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia.
- No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.
PRESENTACIÓN SOLICITUDE
Deberase presentar unha única solicitude, por duplicado, para cada grao, réxime e modalidade que se desexe cursar. A solicitude farase empregando o asistente da aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp. A instancia que xera a aplicación informática deberase imprimir, asinar e presentar, xunto coa documentación que se requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos. A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia impresa conservarase como resgardo.
CALENDARIO ADMISIÓN FP