Visita dos alumnos e alumnas de 6º Educación Primaria

Nesta xornada de acollida realizamos unha pequena presentación sobre o que supón o paso de primaria a secundaria, aproveitamos para que o alumnado de 1º da ESO respondese a aquelas preguntas ou inquedanzas que tiñan os alumnos e alumnas de primaria e posteriormente fixemos un percorrido polas instalacións do centro, axudados por dúas alumnas de 1º da ESO que lles serviron de guías polo instituto. 

Queremos dar as grazas as profesoras do CEIP de Palas de Rei e aos alumnos e alumnas por facer que esta visita fora todo un éxito.