8 MARZO - Día Internacional da Muller

  Este ano levamos a cabo unha actividade conxunta entre o CIM do Concello de Palas, o centro de primaria e o instituto para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, unimonos para realizar unha andaina reinvindicativa, dende o Concello ata a Casa da Cultura, na que loitamos polos mesmos  dereitos para as mulleres mulleres que para os homes, a igualdade real e a equidade de oportunidades en todos os ámbitos da sociedade e da vida persoal. E rematamos a xornada con una serie de representacións teatrais, dos alumnos e alumnas do centro de primaria e do instituto, para conmemorar esta data. 

   Non debemos esquecer que millóns de mulleres no mundo conmemoran o 8 de marzo o Día Internacional da Muller.  Nesta data—recoñecida no ano 1975 pola Organización das Nacións Unidas (ONU)— conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

E fixemos a foto de grupo, o CEIP de Palas de Rei, o IES do Camiño e o CIM de Palas de Rei

 

Podemos ver nestes vídeos como transcorreu este día 8 de marzo: 

 

 

 

"POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS"

8 DE MARZO 2019