Probas libres de obtención do Título de Bacharel

 CONVOCATORIA 2019 - GALICIA

 

Se convocan as probas para a obtención do Título de Bacharel para maiores de 20 anos no ano 2019, na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. 

 

REQUISITOS

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2019.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2018/19.

As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES 

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019.

 

CELEBRACIÓN DA PROBA 

A proba celebrarase o día 26 de abril de 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela. 

 

NORMAS DE REALIZACIÓN DA PROBA

  1. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. As persoas aspirantes identificaranse debidamente con DNI ou pasaporte antes de entrar neles.
  2. A sesión da mañá durará das 8.30 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais. Organizarase en tres períodos: 

a) Primeiro, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II. 

b) Segundo, das 12.00 ás 13.30 horas: realizarase o exame correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II, que poderá ser inglés ou francés, e estruturarase en dúas partes. 

c) Terceiro, das 13.30 ás 14.30 horas: resposta por escrito a cuestións de Filosofía e Historia de España. 

  1. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias propias de cada modalidade, e durará das 16.30 as 20.30 horas. Organizarase en tres períodos: 

a)  Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario seleccionados. 

b) Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade, correspondente ás materias troncais de opción. As persoas aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións da modalidade de Ciencias. 

c)  Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira do exercicio correspondente ás materias troncais de opción de modalidade. As persoas aspirantes realizarán a proba correspondente ás materias Literatura Universal e Historia da Filosofía na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para a modalidade de Ciencias. 

 

MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:

Formulario de inscrición 

Información xeral da proba para a obtención do Título de Bacharel

Máis información no DOGA Nº 21

Materiais que se poden empregar na proba de obtención do Titulo de Bacharel 

Consulta exames de convocatorias anteriores 

 Tamén podes acudir ao Dpto. de orientación para informarte. 

Fonte: Consellería de Educación