Taller para a prevención da ”Discriminación por razón e/ou orientación sexual" da Cruz Vermella

   O martes día 12 celebrase o Taller para a prevención da Discriminación por razón e/ou orientación sexual" da Cruz Vermella.  Elena, técnico nesta organización, estivo traballando cos rapaces e rapazas de 4º da ESO conceptos básicos como son a identidade, o xénero, o respecto, a tolerancia,  etc. , as manifestacións sociais deste tipo de discriminación e as estratexias para fomentar a non violencia e a tolerancia. 

   A finalidade deste taller é previr as condutas violentas na poboación adolescente, fomentando a igualdade, a convivencia, a diversidade e a tolerancia.  Todo elo para potenciar a construción dunha identidade persoal responsable, comprometida e tolerante coa sociedade.