Visita aos centros de FP de Lugo

 

O xoves 31 de xaneiro os/as alumnos/as de 4º da ESO e 2º de Bach. foron de vista ao CIFP As Mercedes, ao CIFP Politécnico e ao IES Sanxillao para acercarse e coñecer, un pouco máis, sobre a formación profesional: acceso, ciclos medios e ciclos superiores, período da FCT, prácticas no estranxeiro … e a oferta educativa e formativa que poden atopar en cada un deles. E atopámonos con antigos compañeiros e compañeiras do IES do Camiño que nos contaron a súa experiencia no ciclo formativo que estaban cursando. 

Deste xeito no CIFP As Mercedes acercámonos ás familias profesionais de:

  • Enerxía e Auga
  • Transporte e mantemento de vehículos
  • Instalación e mantemento
  • Comercio e márketing

No CIFP Politécnico coñecemos ás familias profesionais de: 

  • Sanidade
  • Servizos socioculturais e á comunidade
  • Industrias alimentarias
  • Electricidade e electrónica
  • Fabricación mecánica
  • Madeira, moble e cortiza
  • Edificación e obra civil

         No IES Sanxillao puidemos acercarnos á familia profesional de Hostalería e Turismo, ademais de degustar o menú degustación que nos prepararon e serviron os alumnos e alumnas destes ciclos de FP. 

 

Nos seguintes videos podedes ver como se desenvolveron as visitas nos distintos centros educativos.

 

  • CIFP AS MERCEDES 

  • CIFP POLITÉCNICO 

  • IES SANXILLAO