Nova emisión en Radio Palas FM - Correspondentes Xuvenis

E un xoves máis continuamos co programa de "Correspondentes Xuvenís" en Radio Palas FM, nesta ocasión tocoulle a quenda a Lucía, Noemí, Sonia e Laura de 1º de Bach. Desta volta informáronnos sobre:

  • Cursos de idiomas en Europa.
  • Probas e acceso a ciclos formativos
  • Probas para a obtención do título da ESO
  • Galiciencia
  • Saúde e bos hábitos
  • Como ser profesor/a de autoescola
  • Etc.

E algunha cousiña máis que non te podes perder!!!  

  O vindeiro xoves daranlle o relevo outros/as compañeiros/as de 1º de Bach para seguir informándonos a través das ondas, mentres tanto podedes ver un pequeno resumo en imaxes das nosas alumnas na radio.