Probas libres de obtención do Título da ESO

CONVOCATORIA 2019 - GALICIA

Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba 
  • Convocatoria de maio: prazo de matrícula do 11 de marzo ao 22 de marzo do 2019, ambos os dous incluídos.         

- Proba: 24 de maio

  • Convocatoria de setembro: prazo de matrícula do 1 ao 7 xullo do 2019, ambos os dous incluídos.

- Proba 6 de setembro 

 
É requisito non estar nin estar matriculado no curso actual nos ensinos de educación secundaria ordinaria nin en FPB. O alumnado da ESA poderá darse de baixa para realizar a proba libre. As persoas matriculadas para a primeia convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, considerásense matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As persoas con necesidades específicas poderán solicitar adaptacións.  

REALIZACIÓN DAS PROBAS
1. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias.

2. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, de 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.

Na segunda parte, de 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

Na sesión da tarde, de 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua galega e literatura.

a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

a.2) Cuestións de Lingua galega e literatura.

b) Lingua castelá e literatura.

b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lin- gua galega e literatura.

b.2) Cuestións de Lingua castelá e literatura.

c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).

MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES: 

Tamén podes acudir ao Dpto. de Orientación para informarte. 

FONTE: Consellería de Educación