Charlas Informativas Sistema Universitario Galego: UVigo, USC e UDC

Ao longo destas dúas semanas contamos no instituto coas charlas informativas sobre as distintas Universidades do sistema universitario galego (SUG), que nos informaron sobre os graos que imparten, as becas, as residencias, os campus que as forman … e todas aquelas cousas que poden ser de interese para o alumnado de 2º de bacharelato. Así mesmo eles puideron aproveitar para resolver aquelas dúbidas que teñen e despexar un pouco máis o seu futuro vocacional máis inmediato. 

Gracias a Ricardo (Uvigo), Pablo (USC) e Laura (UDC) por acercarnos un pouco máis a universidade.