Co gallo do Día Escolar das matemáticas (12 de maio), o Departamento de matemáticas propúxenos facer un xogo de escape, baseado no libro de Escher.
Profesorado e alumnado traballaron en equipo para resolver o enigma e decubrir que se agochaba no cofre.
3º da ESO visitou os Museos Científicos Coruñeses, programa que comprende tres museos de ciencia interactivos: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
Acompañados polo profesorado de Bioloxía e Física e Química aproveitaron un luns no que ata lle deu tempo de visitar a Torre de Hércules.
O alumnado de 1º de Bacharelato desfrutou dunha xornada de actividade desportiva nas instalacións do circuíto ‘Humor Amarillo’ de Valadares.
Foron moitas as risas e non houbo ningunha lesión, alén dalgunha caída ben cómica!
O pasado luns 27 de maio o alumnado de 3° PDC fixo unha visita a Santiago de Compostela. En primeiro lugar foron ao Observatorio Ramón María Aller onde puideron descubrir os misterios do universo e a historia do observatorio e os seus telescopios. Ademais o astrónomo José Ángel Docobo especialista en estrelas dobres, ensinoulles como observar a imaxe do sol de día.
Xa pola tarde, visitaron o Pórtico da Gloria na catedral e xa de paso aproveitaron para darlle unha aperta ao apóstolo.
Na charla de “Finanzas para mortais”, dentro do programa Eduemprende, explicóuselle ao alumnado o funcionamento das contas bancarias, tarxetas e outros servizos bancarios , así como os perigros e riscos dos distintos produtos financeiros.
Un ano máis volvemos visitar a Fundación Penzol, a que consideramos a nosa casa. O alumnado de 1º de Bacharelato achegouse ata a antiga casa do Concello para coñecer os fondos da biblioteca, as obras de arte que garda e ler a exposición dedicada a Luísa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.
Queremos agradecer a ambilidade e o tempo do seu director, Xosé Manuel Soutullo.
O alumnado de 3º da ESO desfrutou dunha excelente xornada de kaiak nas augas de Panxón.
Actividade organizada polo Departamento de Educación Física
Este xoves 23, o alumnado de 1º ESO quixemos saír e visibilizar a nosa lingua polas rúas da cidade dunha maneira lúdica e divertida. Por isto, participamos na actividade do Correlingua que partiu desde o concello ata o parque de Castrelos. Polo camiño, iamos portando unha bonita pancarta feita na clase de Educación Plástica e Visual e compartindo viaxe con outros 22 centros educativos. Logo, no parque de Castrelos puidemos desfrutar das cancións do grupo de música Cuarta Xusta. Unha xornada festiva ben bonita. Fagamos sentir a nosa lingua no día a día!
O alumnado de 2º de bacharelato puido desfrutar dunha xornada de convivencia nas Illas Cíes, nesta recta final de preparación da ABAU e exames extraordinarios.
Ánimo, rapazada! Xa non falta nada! Azos!
O alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato ven de participar nas charlas sobre a Formación Profesional Dual impartidas por Eva Alonso Álvarez, dinamizadora da relación con empresas do IES Audiovisuais de Vigo.
A combinación de formación teórica e formación práctica nunha empresa, nun posto de traballo remunerado, é un gran aliciente para as alumnas e alumnos que rematan a educación secundaria obrigatoria e o bacharaleto e queren incorporarse ao mundo laboral cunha formación integral axeitada ao mercado laboral actual.