As alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO rematan o curso participando nas charlas do programa
"Que non te líen, tí elixes" impartidas polo Cluster de granito.
Estes programas, promovidos desde a Consellería de Educación e a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade pretenden abordar e fomentar unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero.
Un ano máis e con este xa son 54 que despedimos outra xeración. O 24 de maio despedimos no Teatro Salesianos a nosa promoción de 2º de Bacharelato.
Este foi un acto ben emotivo onde os presentadores, un representante de cada clase (Ramón, Irene, Borja, Pablo e Naiaran) foron dando paso aos distintos momentos. Mais, sen dúbida, polo que todos os asintentes agardaban era pola entrega dos diplomas e das insignias que pechaban unha etapa para dar paso a outra. Agora, cun pé na universidade só vos podemos desexar o mellor. Lembrade que aquí seguiremos para seguir desfrutando dos vosos éxitos, polo que tedes que vírnolos contar.
O noso alumnado de cuarto da ESO despediu a etapa como merecía!
Nun pequeno acto privado e emotivo leron os seus discursos de graduación. Algúns despedíronse dos seus compañeiros e dos profesorados, dado que comezan outra etapa noutro centro. Pola contra, outros mudan de etapa e pasan a ser do grupo dos maiores do instituto.
Sexa como for, moita sorte na próxima etapa.
Graduación do noso alumnado da ESA e do Bacharelato de adultos!
Os nosos parabéns e moita sorte na seguinte etapa!
Xa están dispoñibles para ler as revistas escolares deste curso 2023-2024.
- As cousas do Castelao
- As outras cousas do Castelao
Recollen os mellores traballos, entrevistas, exposicións e artigos deste ano.
Parabéns a ambos os equipos!
O alumnado de 1º Bacharelato elaboraron excelentes coreografías de acrosport. Este vídeo é tan só unha pequena mostra dos nosos talentosos bailaríns. Cabe destacar que seguiron as instrucións á perfección, onde a organización e a coordinación foi o seu punto forte, á par que a súa creatividade. Parabéns!
O alumnado de Debuxo Técnico I entregou os seus proxectos finais para a materia, onde realizou propostas para a mellora dos espazos do instituto. Deste xeito, redistribuíron a disposición da biblioteca, propuxeron fabricar percheiros despregables e construír andeis móbiles.
Máis un curso, Josefa, xunto co seu alumnado de música, deleitounos conseu tradicional concerto de final de curso. Todos os cursos tocaron prezas incribles que nos conseguiron emocionar.
Grazas por tanto esforzo e deica aquí a un ano!
O grupo de teatro do IES Castelao levou a cabo as representacións teatrais para as que estivo traballando boa parte do curso.
A primeira, El baile de FINN de curso foi unha comedia irreverente na que se meten en situación. Que pasaría se o director do instituto cancela a actuación de final de curso no último momento? Compeñeirismo, unión, sindicalismo... todo artellado para facernos rir cuns excelentes diálogos.
A segunda, I don't want to talk about it tratou o tema do illamento social, a angustia, a falta de comunicación dos adolescentes dende un punto de vista moi persoal.
Os últimos días de curso foron moi intensos. Incluso houbo tempo de facer un simulacro de accidente para saber como reaccionar.
En colaboración con StopAccidentes, a Policía Local de Vigo (con unidades como Atestados e a nova unidade de Drons), Ambulancias e Protección Civil levamos a cabo a recreación dun sinistro no aparcadoiro do noso IES.