Actividades e Concursos

Hora de ler: Día da Ilustración

O 30 de xaneiro é o DÍA DA ILUSTRACIÓN que este ano homenaxea a Chichi Campos.  A efeméride faise coincidir co aniversario do nacemento, o 30 de xaneiro de 1886, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

O Hibisco púrpura, lectura do Club de lectura de adultos

O club de lectura de adultos reuniuse para debullar a lectura proposta do primeiro trimestre, O hibisco púrpura de Chimamanda Ngozi.

 

Gañadoras do concurso microrrelatos de inverno

O xurado reuniuse para resolver o ditame do Concurso de microrrelatos de inverno da Biblioteca Ramiro Fonte.

 

Lecturas de Nadal na biblioteca

Pola nosa biblioteca Ramiro Fonte pasaron os grupos de 1 ESO e mais 2 ESO para participar nas lecturas abertas arredor do Nadal.

 

Lecturas de terror na biblioteca: Quen dixo medo?

         

      Cando chegan estas datas adoitamos facer sesións de lectura nunha biblioteca non apta para persoas con problemas de corazón, abofé.

      Tamén este ano pasaron por ela todos os grupos de 1º e 2º da ESO e desfrutaron (ou non!) dos textos que alí se leron e das historias que se contaron.

Quen dixo medo

Concurso de Microrrelatos de Inverno

Estamos no tempo de contar historias a carón do lume, tempo de neve, de aventuras, de soños, de peticións, de reunións, de esperanza. Mais tamén tempo de frío e de soidade.

Apetéceche contar una historia tenra ou unha non tan feliz?  

 

Idear un final inesperado ou o máis romántico que se poida imaxinar?

Unha historia branca, un relato de luz, unha narración de soidade, unha de reencontros, de soños cumpridos, de atrancos, de esperanza, de decepción, de felicidade, de vidas cruzadas…?

Anímate e participa no

Concurso de Microrrelatos de Inverno

da Biblioteca Ramiro Fonte.

Encontro literario con Bernardo Atxaga

O vindeiro martes 5 de decembro contaremos coa visita de toda unha celebridade da literatura: Bernardo Atxaga.

   

Emoción - ARTE

Seguimos avanzando no noso proxecto interdisciplinar a partir da arte coordinado dende a Biblioteca Ramiro Fonte. Neste caso a vertente EMOCIÓN - ARTE,  

O alumnado cuestionouse: que sinto? como me atopo? que quero expresar? 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Emoción-ARTE: A arte da paz

A biblioteca quere saud-arte

          Tal como explicamos no claustro de principio de curso, a biblioteca propón, para a mellora da competencia de comprensión e expresión lectora do noso alumnado o desenvolvemento dun proxecto baseado na observación e reflexión sobre obras de arte (Escribir con arte)e a súa plasmación despois por escrito, sexa en traballos de investigación, creación, recreación, interpretación... Para iso propoñemos de entrada a contemplación desas láminas que desde hoxe están expostas no vestíbulo do instituto que poden servir para este propósito.

Coñece a túa biblioteca

   

 

 

Como cada novo curso, recibimos desde o xoves 21 de setembro ao alumnado novo no centro, isto é, os primeiros de ESO e tamén os primeiros de Bacharelato, porque nestes últimos son minoría os rapaces do propio instituto e maioría os que veñen de fóra.

Distribuir contido