A biblioteca quere saud-arte

          Tal como explicamos no claustro de principio de curso, a biblioteca propón, para a mellora da competencia de comprensión e expresión lectora do noso alumnado o desenvolvemento dun proxecto baseado na observación e reflexión sobre obras de arte (Escribir con arte)e a súa plasmación despois por escrito, sexa en traballos de investigación, creación, recreación, interpretación... Para iso propoñemos de entrada a contemplación desas láminas que desde hoxe están expostas no vestíbulo do instituto que poden servir para este propósito.

          Esas tarefas poderán desenvolverse desde moitas perspectivas, en distintas linguas, con enfoques moi diversos... e logo recolleremos as propostas e expoñerémolas ou publicarémolas para que toda a comunidade poida ver eses froitos.

          Animámosvos a participar!