Coñece a túa biblioteca

   

 

 

Como cada novo curso, recibimos desde o xoves 21 de setembro ao alumnado novo no centro, isto é, os primeiros de ESO e tamén os primeiros de Bacharelato, porque nestes últimos son minoría os rapaces do propio instituto e maioría os que veñen de fóra.

        Son acollidos por grupos en sesións na propia biblioteca, onde se lles presentan as instalacións e se lles van explicando o modo de funcionamento, as normas de préstamo, o horario de funcionamento... Tamén reciben información sobre outras actividades que se desenvolven desde a nosa biblioteca, como a Hora de Ler, o Club de Lectura e algúns sorteos e concursos. Ademais, este curso tamén son aconsellados sobre a busca de información na internet e sobre a cautela necesaria coa IA.

         Indicamos, por último, que a biblioteca Ramiro Fonte atende rogos e suxestións.

         Apreciamos que desde o momento no que se realizan estas sesións informativas, o alumnado acode en maior número nos recreos.

          Agardamos que sirva para unha mellor aprendizaxe e para o goce da lectura!