Actividades e Concursos

Lecturas polo día do teatro

O 27 de marzo conmemórase o Día do teatro. Con tal evento, dende a Biblioteca Ramiro Fonte convidamos o alumnado de 1º da ESO a ler uns fragmentos de coñecidas dramaturxias como: Luis, "El Sonrisas" de J.L. Alonso de Santos (microteatro); Ha llegado un inspector (fragmento) de J.B. Priestley; monólogo inicial de Segismundo e outro fragmento de La vida es sueño de P. Calderón de la Barca, O achado do castro, de Núñez Singala e Os vellos non deben de namorarse, do noso ilustre Castelao. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lecturas polo día do teatro

Gañadores do concurso de haikus ilustrados sobre a primavera

Temos gañadores do concurso literario de Haikus ilustrados sobre a primavera.
Foron moitas as composicións recibidas e todas elas de gran calidade. O xurado non tivo unha escolla doada. Con todo, o seu fallo foi o seguinte:

CATEGORÍA 1º, 2º e 3º da ESO: Iago Lema García (3º ESO B)

CATEGORÍA 4º ESO, 1º e 2º de BACH: Mencía Jorge Cabaleiro (2º BACH E)

Moitos parabéns! E que viva a poesía!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concurso de haikus ilustrados sobre a primavera

Club de lectura: comentamos a obra Teño 14 anos e non é unha boa nova

O club de lectura A pé de obra reuniuse para debater arredor do libro ‘Teño 14 anos e non é unha boa nova, de Jo Witek e tradución de Antía Veres .

Onde sucede a historia? Podería acontencer no noso país algo así? Está baseada en feitos reais? Foron algunhas das preguntas que intentaron responder. Tamén compartiron as sensacións experimentadas durante a lectura: anguria, emoción, ansiedade, pranto, felicidade… Todas as persoas coincidiron en que a medida que afondaban na historia de Efi máis empatizaban con ela, até o punto de sentila moi próxima.

Esta novela serve para non apagar o debate sobre os matrimonios concertados e na falla de liberdade das mulleres. Sen dúbida, un libro esperanzador.

 

Concurso de Haikus sobre a primavera

Dende a Biblioteca Ramiro Fonte, lanzamos o concurso de Haikus ilustrados sobre a primavera para festexar o vindeiro 21 de marzo, o Día  Mundial da poesía.

Ánimo, poetas! Buscade inspiración nas musas porque agardamos polos vosos versos. 

Lede as bases e achegade as vosas composicións ao correo electrónico: 

 bibliotecaramirofonte@gmail.com

 

Club de lectura de adultos: As alumnas, de Paula Carballeira

O club de lectura de adultos, A pé de obra, volveuse reunir, desta volta, para comentar o libro As alumnas de Paula Carballeira.



A obra, Premio Nacional de Teatro 2023, foi obxecto de debate polo noso profesorado. Profundaron na historia de María Barbeito e compartiron experiencias vividas ao longo das súas traxectorias.

23f Día de Rosalía de Castro

Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Ela é o emblema de Galicia, a muller que conseguiu facer historia e, o máis importante, mudar o rumbo da historia. Xa coetáneos do seu tempo, coma Curros, lle dedicaban versos que describían a brillante figura que era: unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”.

Álbum: Curso 2023/2024 -> 23f Día de Rosalía de Castro

Festexando San Valentín

O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato colaborou coa Biblioteca Ramiro Fonte na preparación da actividade para celebrar San Valentín. Este fermoso mural, que leva por título “El muro de Julieta”, situouse no recibidor, onde o resto de compañeiras e compañeiros do Centro puideron deixar as súas declaracións de amor.



Coñecendo a Castelao

O alumnado de 1º e 2º da ESO pasou pola biblioteca estas semanas para resolver unha xincana, buscando datos arredor do célebre autor de Rianxo. Para iso tiveron que indagar nos libros, nos carteis e nas fichas que había seleccionadas.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Coñecendo a Castelao

Día de Jules Verne

       

Jules Verne (1878) | Jules verne, Portrait, Historical people

Álbum: Curso 2023/2024 -> Día de Jules Verne (8 febreiro)

Visita de María Reimóndez

María Reimóndez visitou o IES Castelao para compartir tempo co club de lectura A pé de obra.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Club de lectura: Visita de María Reimóndez
Distribuir contido