Festexando San Valentín

O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato colaborou coa Biblioteca Ramiro Fonte na preparación da actividade para celebrar San Valentín. Este fermoso mural, que leva por título “El muro de Julieta”, situouse no recibidor, onde o resto de compañeiras e compañeiros do Centro puideron deixar as súas declaracións de amor.



Ademais, o equipo da biblioteca agasallounos con textos poéticos románticos e unha escolma de libros para namorar.

No IES Castelao respírase moito amor!