Actividades e Concursos

Un viejo que leía novelas de amor

Un viejo que leía novelas de amor             Luis Sepúlveda

No grupo de lectura de 4º da ESO lemos a finais do 1º trimestre a novela de Luis Sepúlveda Un viejo que leía novelas de amor.            

Exposición de publicacións

PublicaciÓns de homes e mulleres

  que traballa(ro)n no castelao 

           Desde este martes 4 de febreiro, pódese ver esta exposición no vestíbulo do instituto.

     Preparámola desde a Biblioteca, con motivo da celebración do quincuaxésimo aniversario do noso instituto, con algunhas publicacións (libros, obra plástica, música) feitas por homes e mulleres (profesorado, PAS, equipo orientador) que ao longo destes cincuenta anos teñen traballado no centro.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Exposición de publicacións

Fullmetal alchemisth 3 e 4

Fukllmetal alchemisth 3 e 4

Na primeira sesión de febrero o grupo de lectores de MANGA leu e analizou os números 3 e 4 da serie Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa.

 

Fullmetal Alchemist   3

Nun flashback vemos que  os Elrics aprenden a alquimia desde moi novos,  coa axuda do seu pai. A súa nai  Trisha anímaos na procura do coñecemento alquimico, pero morre dunha repentina enfermidade e os irmáns prometen reanimala con esta ciencia. Aprenden dun alquimista anónimo pero a transmutación sae mal, e Edward perde a perna esquerda e Al todo o corpo. Ed entón sacrifica o brazo dereito para unir a alma do seu irmán a un traxe de armadura. Ed  decide converterse nun alquimista estatal para poder acceder á biblioteca estatal e atopar unha forma de restaurar o corpo de Al. 

Fullmetal Alchemist   4

No seu camiño cara á Central, os Elrics paran nunha estación de tren onde oen falar dun alquimista chamado Majhal, cuxo nome aparecera varias veces nas correspondencias do seu pai relacionadas coa transmutación humana e deciden facerlle unha visita na zona. Ao entrar na aldea de Majhal, atopan unha rapaza chamada Clause, que lles di que un zombi asasinou a varios dos aldeáns. Ao atoparse con Majhal, cóntalles aos irmáns que o misterioso zombi é a súa ex-amante Karin, que faleceu nun accidente hai varios anos  e á que Majhal intentou revivir. En realidade   Karin  non morrera, pero perdeu os recordos e envelleceu. Cando os seus recordos regresaron, buscou a Majhal, pero  este rexéitaa. Finalmente Majhal morre a mans de Ed e os irmáns seguen a súa viaxe.

 

Nestes volumes segue  a tónica do 1 e 2. Ainara, Jazmín e Lynette cren que estes episodios son máis interesantes e están mellor construídos que os dous primeiros. Tocan máis as emocións dos lectores e no 4 morre un dos personaxes que  máis lles gustou ata o momento: Maes Hughes, militar de carácter alegre, amigable, cuxo asesinato serve como punto de partida para o desenvolvemento da acción.

 

                                                                 Ainara, Jazmín e Lynette (2º eso)

Fullmetal alchemisth 1 e 2

Resultado de imaxes para: fulmetal alchemist + autor"     Hiromu Arakawa

Nas sesión de  xaneiro o grupo de lectores de MANGA leu e analizou os dous primeiros números da serie Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa

 

Fullmetal Alchemist 1

Made in Abyss

              

 

Resultado de imaxes para: made in abyss"        Made in Abyss    Akihito Tsukushi

 

Na 2ª avaliación os lectores de manga seguen comentando algún dos libros propostos.

 

Ainara Saínza Docampo, de 2º ESO A, presentou ó resto do Club o manga titulado Made in Abyss,  escrito e ilustrado por Akihito Tsukush.

Na procura dos libros prohibidos

     Como en cursos anteriores, o alumnado de 1º da ESO é convidado a desenvolver esta actividade na biblioteca, para mellorar a súa habilidade de busca eficiente de información na Internet. 

     O xoves 23 de xaneiro foi o grupo de 1º ESO B, e nas próximas semanas farano os de 1º ESO A e 1º ESO C.

     A actividade agrada e resulta útil. Intentamos o de "ensinar deleitando".

Álbum: Curso 2019/2020 -> Na procura dos libros prohibidos

Sorteo do primeiro trimestre entre os lectores

     Cada trimestre escóllese unha ficha de préstamo ao chou entre as de libros devoltos en prazo, que se van introducindo nunha urna que hai sobre a mesa de xestión, a medida que o alumnado os entrega.

     Á volta das vacacións de Nadal, unha man inocente extraeu a ficha correspondente aos lectores do primeiro trimestre que cumprían o requisito. O afortunado nesta ocasión foi 

                    Alan Lis Riego, de 3º ESO-A

     A aproveitar o premio e a seguir lendo!!

     Parabéns!!

 

Monster Collection 1

Monster collection I

Os integrantes do Club de Manga, como  se fixo no curso pasado,  continúan lendo libros distintos para recomendarlles aos outros membros do Club e comentárllelos.

Crónicas del asesino de reyes

Crónica del asesino de Reyes                 Patrick  Rothfuss

 

Crónica del asesino de Reyes é unha triloxía de novelas do xénero fantástico escrita por Patrick  Rothfuss.

Nela nárrase a vida de  Kvothe,  aventureiro,  arcanista e músico famoso. A trama está dividida en dous tempos diferentes: o presente, no que  Kvothe lle conta a súa historia a Cronista, e o pasado, no que se desenvolve a maior parte da acción.

A día de hoxe só dous dos tres libros foron publicados, e a data de publicación do terceiro está sen concretar.

Distribuir contido