Crónica del asesino de Reyes Patrick Rothfuss
Crónica del asesino de Reyes é unha triloxía de novelas do xénero fantástico escrita por Patrick Rothfuss.
Nela nárrase a vida de Kvothe, aventureiro, arcanista e músico famoso. A trama está dividida en dous tempos diferentes: o presente, no que Kvothe lle conta a súa historia a Cronista, e o pasado, no que se desenvolve a maior parte da acción.
A día de hoxe só dous dos tres libros foron publicados, e a data de publicación do terceiro está sen concretar.
1. Primeiro día: El nombre del viento (Abril 2007)
2. Segundo día: El temor de un hombre sabio (Marzo 2011)
3. Terceiro día: Las puertas de piedra (TBA)
A serie é, en esencia, a biografía dun famoso músico, simpatista e aventureiro chamado Kvothe. Despois de gañar notoriedade a unha idade temperá, desaparece da vida pública e finalmente é localizado nunha pousada dunha aldea perdida por Cronista. Despois dun pouco de persuasión, Cronista convence a Kvothe para que lle conte a historia da súa vida, o que lle levará a contala durante tres días (de aí a división en tres volumes).
A historia de Kvothe vese interrompida por interludios no presente. Mentres tanto, o amigo e aprendiz de Kvothe, Bast, non está disposto a deixar que se convirta nun simple pousadeiro e tenta facer espertar ao antigo Kvothe. A historia prosegue así en dous niveis: Kvothe conta a historia da súa vida a través de narración en primeira persoa, mentres que os interludios no presente relátanse en terceira persoa e deixan entrever que hai máis cousas das que conta o protagonista. Os tres libros son só as divisións na mesma narrativa, ningún deles por si só son unha historia.
Os libros gustárome moitísimo. Podo dicir que son os meus libros favoritos. A súa lectura non se parece a nada do que teño lido. Conta unha e mil historias interesantísimas a través do protagonista. Pasarás noites en vela desexando ler un capítulo máis.
Non é recomendable para lectores inexpertos xa que ten unha trama algo enrevesada e hai que meterse a fondo para entendela, pero si llo recomendo a quen lle guste ler.
Doulles un 10 sobre 10.
Rafael Ferreira Álvarez 2º ESO C