Monster collection I
Os integrantes do Club de Manga, como se fixo no curso pasado, continúan lendo libros distintos para recomendarlles aos outros membros do Club e comentárllelos.
Jazmín Esteban Ureña, de 2º ESO A, leu e recomendoulles aos compañeiros o volume 1 da serie Monster Collection, de Sei Itoh. Neste episodio1, Kasche, a aprendiz de mago, emprende unha grande aventura, para recuperar un gran tesouro antigo roubado na colección da Academia. Como ningún dos feiticeiros maiores está dispoñible, a pesar de que saben que as súas habilidades son limitadas, o director da Academia decide envialo para rastrexar o tesouro desaparecido. A súa capacidade para facer amigos, tanto criaturas humanas como máxicas, sérvelle ben na súa procura. Un ladrón con talento e un fermoso mozo vampiro únense a ela na viaxe mentres loitan contra os exércitos humanos e as hordas dos non mortos.
Jazmín cóntalles a historia aos demais e comenta que, a pesar de que hai algunhas escenas subidas de tono, a acción atrapa, os personaxes son graciosos e os debuxos moi bos. O que menos lle gustou é a visión algo machista da protagonista como unha rapaza bonita pero torpe e teimuda que se namora do ladrón e que logo se declaran.
Recoméndao porque é moi entretido.
Jazmín Esteban Ureña 2º ESO A