Actividades e Concursos

Quen dixo medo?

     O pasado 7 de novembro, arredor do Día de Defuntos e da celebración do Samaín, na biblioteca do instituto levamos a cabo, como xa é tradicional, a lectura de textos relacionados con ese mundo: fragmentos de A neve interminable de Agustín Fernández Paz, o relato de Edgar Allan Poe El corazón delator, a lenda de Bécquer El monte de las ánimas ou os contos premiados nas anteriores convocatorios no noso Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror.

     Mesmo houbo quen se atreveu a contar unha historia de medo.

Semana da CIENCIA

     Estamos en novembro, MES DA CIENCIA nas bibliotecas escolares.

     No instituto celebramos a SEMANA DA CIENCIA (desde o día 4) cunha exposición no vestíbulo de carteis de táboas periódicas de distinta feitura.

     Este ano 2019 foi declarado pola Nacións Unidas o Ano Internacional da Táboa Periódica, por celebrarse o 150º aniversario do seu establecemento polo ruso Dmitri Mendeléiev. A táboa é empregada en moitos ámbitos vitais do coñecemento, como a física, a química ou a bioloxía.

     Para contribuír a esta celebración, desde a biblioteca e por iniciativa do departamento de Física e Química convocouse un concurso para descubrir entre uns anagramas os elementos ocultos correspondentes da táboa periódica:

     O prazo de entrega das solución remata o próximo 15 de novembro; quen acerte recibirá como premio un vale para a compra de libros de divulgación científica.

Non deixedes de participar!!

Exposición de debuxos de 2º de bacharelato

     Quen entrou ultimamente na biblioteca terá apreciado o ben que están vestidas algunhas mesas, xa que estrean cuberta de papel e vidro. E entre eles -ou sexa, no medio do papel e o vidro- imos poder contemplar exposicións variadas, como xa podemos facer agora cunha ben fermosa de xerras debuxadas polo alumnado de 2º de bacharelato.

     E toda esta historia vén da man... como non! de Chus e mais de Yolanda, que non paran de lles dar ós miolos.

     E nós que o vexamos!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> Exposición de debuxos de 2º de bacharelato

Coñece a túa biblioteca

Nestes últimos días de outubro demos a coñecer os servizos da biblioteca ao alumnado de 1º da ESO.

Despois dun percorrido visual polos fondos, indicando a súa organización, e de explicarlles como cubrir unha ficha de préstamo, fixeron por grupos a busca dun libro do que lles proporcionamos os datos técnicos, uns con máis fortuna ca outros.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Coñece a túa biblioteca

30 de setembro: Día da Tradución

          O fragmento que propoñemos para traducir relata o momento no que os mergulladores do Nautilus recollen do fondo da baía de Vigo os tesouros afundidos na Batalla de Rande.

          Propóñense varias linguas de partida (francés, inglés, galego e castelán) para traducir desde unha delas a dúas linguas diferentes.

          Valorarase a corrección e mais a orixinalidade da tradución e mais das linguas escollidas.

VIII Xincana na Biblioteca

         O martes 18 de xuño desenvolveuse a xa tradicional xincana na biblioteca, na súa oitava edición, para celebrar a fin deste curso demostrando que sabemos empregar os recursos que a biblioteca pon á nosa disposición.

          En grupos de 5 ou 6, o alumnado de 1º de ESO tivo que resolver ata 8 probas consultando dicionarios, buscando obras de autores, localizando unha reportaxe nunha revista ou averiguando un rexistro bibliotecario… Tamén tiveron que resolver un tangram e memorizar uns versos. Podedes velos en plena acción nas fotos, onde tamén están, con cadanseu diploma, os gañadores de cada grupo.

          O xoves 20 de xuño será a GRAN FINAL entre eses tres grupos gañadores.

          Ánimo a todos!

Álbum: Curso 2018/2019 -> VIII Xincana na Biblioteca

XII Xornada dos Clubs de Lectura

XII Xornada dos Clubs de Lectura

O pasado 7 de xuño celebrouse a XII Xornada dos Clubs de Lectura. Coma outros anos, o Club de Lectura “A pé de obra” do noso instituto estivo presente  coa participación da súa coordinadora. Foi unha xornada moi interesante, onde se presentaron experiencias de distintos clubs de toda Galicia. Na conferencia inaugural, José Antonio Millán, autor dun informe sobre os Clubs de Lectura dos institutos galegos, destacou o  excelente funcionamento dos mesmos e considerounos “una auténtica escuela de ciudadanos”, pois o alumnado que participa mellora as destrezas comunicativas, as habilidades de pensamento e en comportamento no ámbito da igualdade e diversidade, o que repercute de xeito moi positivo, ademais, nos logros académicos.

Animamos ao noso alumnado a participar no noso Club no curso 2019-20

Álbum: Curso 2018/2019 -> XII Xornadas Club Lectura

Black Butler

Resultado de imaxes para Blac Butler I

                                                       Black Butler                    Yana Toboso

Jazmín Esteban Ureña, de 1º ESO A, leu e comentou para os compoñentes do Club de Lectura de Manga os primeiros volumes da serie Black Butler, de Yana Toboso.

El perro del hortelano

Resultado de imagen de el perro del hortelano

                                                       El perro del hortelano           Lope de Vega

En 1º de Bacharelato B neste trimestre lemos e comentamos unha peza clásica: El perro del hortelano, de Lope de Vega.

Lara Fernández contextualiza la obra en el periodo del Barroco español y destaca que es una obra innovadora. Fue publicada en 1618 y el título proviene del refrán que, en este caso, se refiere a la trama amorosa entre Diana, condesa de Belflor, y su secretario Teodoro.

Ataque a los Titanes 1

 

Resultado de imaxes para Ataque a los titanes 1

 

 

Lynette Álvarez Lago, de 1º ESO B, leu e recomendoulles aos compañeiros do Club de Manga  “Ataque a los Titanes “1, de Hajime Isayama. 

Distribuir contido