Ataque a los Titanes 1

 

Resultado de imaxes para Ataque a los titanes 1

 

 

Lynette Álvarez Lago, de 1º ESO B, leu e recomendoulles aos compañeiros do Club de Manga  “Ataque a los Titanes “1, de Hajime Isayama. 

Na historia, que Lynette resume aos membros do Club, preséntasenos á raza humana en perigo de extinción a mans dos titáns, xigantescos monstros de intelixencia limitada que cazan e devoran persoas por diversión. Os sobreviventes refúxianse nunha pequena cidade rodeada por unha muralla de 50 metros de altura para manter fóra aos Titáns. Os protagonistas son Eren Jaeger e a súa irmá adoptiva Mikasa Ackerman. Ambos viven coa súa nai e presencian como repentinamente un Titán colosal de máis de 50 metros de altura derruba a muralla do barrio (O Muro María) no que viven deixando entrar aos Titáns de menor tamaño. A súa nai resulta devorada viva por un deles e os fillos eles conseguen escapar con vida. Ambos xuran que destruirán aos Titáns en vinganza pola morte da súa nai. Únense ao exercito que loita contra os Titáns. No primeiro enfrontamento contra  todo sae mal e entre as baixas, Eren resulta devorado, pero  cando todo parece perdido este transfórmase nun Titán que garda parcialmente a conciencia do antigo Eren.  E el será unha nova arna contra os xigantes.

A Lynette resultoulle un  cómic moi  duro pois os titáns desfanse dos personaxes desmembrándoos e devorándoos de forma sanguenta. Consegue transmitir o terror que senten os personaxes, o fácil que é morrer e á vez a loita por sobrevivir que é o que diferencia aos personaxes doutros que terminan rendéndose. Iso é o que os fai máis humanos e o que fai que queiras seguir lendo.

Por outro lado, é interesante como nos presenta a realidade, a través dos ollos de varios personaxes, desde Eren, obsesivo con erradicar aos titáns  á moito máis lóxica Mikasa.

  É unha lectura que  recomendo para amantes do cómic que lle gusten as historias duras

Podedes ver no apartado "Outras actividades" o debuxo que Lynette realizou da Muralla María.

 

                                                                                                                                       Lynette Álvarez Lago