Quen dixo medo?

     O pasado 7 de novembro, arredor do Día de Defuntos e da celebración do Samaín, na biblioteca do instituto levamos a cabo, como xa é tradicional, a lectura de textos relacionados con ese mundo: fragmentos de A neve interminable de Agustín Fernández Paz, o relato de Edgar Allan Poe El corazón delator, a lenda de Bécquer El monte de las ánimas ou os contos premiados nas anteriores convocatorios no noso Concurso de microrrelatos fantásticos e de terror.

     Mesmo houbo quen se atreveu a contar unha historia de medo.

     Podedes ver as fotos da experiencia con alumnado de 1º da ESO.