Made in Abyss Akihito Tsukushi
Na 2ª avaliación os lectores de manga seguen comentando algún dos libros propostos.
Ainara Saínza Docampo, de 2º ESO A, presentou ó resto do Club o manga titulado Made in Abyss, escrito e ilustrado por Akihito Tsukush.
A historia céntrase en Riko, unha moza orfa que vive na cidade de Orth, nunha illa do mar de Beoluska. Na cidade hai un estraño buraco xigante cuxo fondo vai ata as profundidades da terra: o Abismo. Dentro do Abismo hai misteriosos artefactos abandonados e restos dunha civilización avanzada desaparecida hai milenios e, polo tanto, é un sitio explorado por escavadores de caza recompensas chamados Cave Raiders (asaltantes das cavernas), que emprenden descensos arduos e perigosos para obter todas as reliquias que poidan atopar. Ademais da fauna e flora monstruosas, os Cave Raiders deberán enfrontarse a un gran mal que lles afecta canto máis profundamente descenden no Abismo, onde unha sucesión de capas exercen unha presión que os e enferma progresivamente.
O obxectivo de Riko, o protagonista, é seguir os pasos da súa nai e converterse nun lendario Cave Raider (Asubíos Brancos) e así resolver os misterios do Abismo. Un día mentres explora as covas é atacado por unha besta, pero é salvado por un robot coa aparencia dun rapaz humano ao que el chama Reg.
Ainara destaca desta serie as aventuras moi interesantes e algo fantásticas que protagonizan Riko e Reg. Para ela os personaxes principais son adorables. Riko é unha rapaza enérxica, cunha grande historia detrás, e Reg, un robot sen recordos, é o personaxe que máis lle atraeu.
As capas do Abismo que bordean á cidade onde viven son para Ainara todo un misterio e mantense a intriga e a acción ó longo da serie, composta ata o momento por 7 volumes. O que máis lle gustou foi o terceiro.
Ainara Saínza Docampo, de 2º ESO A