Skip to Content

Intercambio Oslo - Escola Nadderud VGS

Lista provisional de alumnado preinscrito para o Intercambio coa Escola Nadderud VGS

Publicación da lista provisional de alumnado preinscrito para o Intercambio entre o IES Arcebispo Xelmírez I e a Escola Nadderud VGS.

Ábrese un período de 3 días naturais para as reclamacións.

Intercambio IES Arcebispo Xelmírez I coa escola Nadderud VGS de Oslo - Curso 2024/25

O próximo curso 2024-2025 o IES Xelmírez I contará cun intercambio coa escola Nadderud VGS de Oslo. Durante 3 semanas, probablemente do mes de setembro, 4 dos nosos alumnos/as que cursen 1º de BAC convivirán cunha familia norueguesa e en xaneiro seredes os anfitrións da alumna/o que a/o acolleu en Oslo.

O alumnado para este intercambio elixirase a través dunha valoración de méritos na que se fará media entre o expediente académico da ESO e as competencias lingüísticas no idioma do país de acollida (inglés, ou se é o caso da primeira lingua que curse), tamén dos 4 cursos da ESO.


Para solicitar a participación da súa filla/o neste proceso de selección poden escribir un enderezo ao mail: cascudo@edu.xunta.gal antes do día 25 de xuño.

Intercambio coa escola Nadderud VGS de Oslo

Ane, Betaniya, Eline e Sofie pasaron as tres últimas semanas na nosa cidade visitando a diario o IES Arcebispo Xelmírez I grazas a un intercambio entre o noso centro e a escola Nadderud VGS de Oslo. Candela, Enrique, Lara, Vera e as súas familias exerceron como anfitrións destas rapazas norueguesas que deixaron pegada do seu paso polas nosas aulas. Non é unha despedida, é un até pronto.

Distribuir contido


by Dr. Radut