A nosa biblioteca

ARA, PRINCESA DE CORAZÓN

Queridas familias

 

Aquí debaixo vos deixamos o vídeo que os/as vosos/as fillos/as crearon ao longo deste curso.

 

Esperamos que vos guste.

 

Equipo docente do CRA

(Pinchar na imaxe para acceder ao vídeo)

 

 

 

PROXECTO LECTOR CURSO 2020/2021

PROXECTO LECTOR CRA RAÍÑA ARAGONTA CURSO 2020/2021

TIRA DO CORDEL - NOVA INICIATIVA DO CENTRO

Neste curso 2024/2025 chega unha nova iniciativa ao CRA Raíña Aragonta:

 

TIRA DO CORDEL.

  

O seu lema é “Abre a porta, colle un libro e deixa outro”.

 

 

Este espazo está deseñado para fomentar o amor pola lectura e

 promover o intercambio de coñecementos entre toda a comunidade escolar,

 contribuíndo así ao cumprimento das liñas prioritarias establecidas para este

 curso escolar.

 

 

 Neste curso presentamos a nova casiña de libros

 na sede do CRA e na aula de San Xurxo,

 co obxectivo de ampliar as casiñas ao resto das aulas.

 

Animámosvos a facer un uso responsable deste recurso,

 contribuíndo ao seu coidado e respectando os libros para que

 todas e todos poidamos gozar deles.

 

 

Grazas por ser parte desta iniciativa

 

e por fortalecer a nosa comunidade a través da lectura!

 

 

NA SEDE

 

 

NA AULA DE SAN XURXO

 

 

NOVOS PUNTOS EXPOSICIÓN DE NOVIDADES

Neste curso 2024/2025 xa temos novos puntos de exposición de novidades!

Xa chegaron ás parroquias e á sede!

 

MALETA DE CIENCIA

Dende o Equipo de Biblioteca elaboramos unha MALETA DE CIENCIA que contén diferentes materiais cos cales o alumnado poderá investigar e indagar no mundo científico, contribuíndo así ao noso Proxecto de Traballo "Unha viaxe pola ciencia".

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego, por iso comezamos a rotación da maleta polas aulas neste mes tan importante. A maleta viaxará por tódalas aulas ao longo do curso.

Esperamos que gocedes moito desta proposta!

 

 

ACTIVIDADE DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

DENDE O CRA RAÍÑA ARAGONTA FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COA INAUGURACIÓN PARA O ALUMNADO DA NOSA BIBLIOTECA. 

NA ACTIVIDADE ESTABA ARA (A NOSA PROTAGONISTA) VESTIDA DE FORMA MOI PARTICULAR... DE CIENTÍFICA! XA QUE DURANTE O CURSO O NOSO LEMA É UNHA VIAXE POLA CIENCIA.

ARA PEDIUNOS AXUDA PARA ATOPAR UNS INGREDIENTES E REALIZAR UN EXPERIMENTO XENIAL! TAMÉN VISIONAMOS UN VIDEO ONDE ARA NOS EXPLICABA O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA.

PASÁMOLO FANTÁSTICO! VELAQUÍ UNHAS FOTOS!

A NOSA BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA DO CRA RAÍÑA ARAGONTA

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DA NOSA BIBLIOTECA CON TODO O TRABALLO DO EQUIPO DETRÁS!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE DESFRUTEMOS TODOS DESTE ESPAZO!

 

CARTEL APERTURA BIBLIOTECA

HORA DE LER

A HORA DE LER XA ESTÁ CASE LISTA PARA A SÚA POSTA EN MARCHA.

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

AQUÍ SEGUIMOS PREPARANDO OS PRÉSTAMOS.

NESTE CASO, AS MOCHILAS VIAXEIRAS.

 

Distribuir contido