A nosa biblioteca

PRÉSTAMOS CRA RAÍÑA ARAGONTA

A PARTIR DO 31 DE OUTUBRO COMEZAMOS CO SERVIZO DE PRÉSTAMOS ÁS FAMILIAS.

 

MARTES DE 16:00 A 17:00 HORAS.

XOVES DE 17:00 A 17:30 HORAS.

 

CANTIGA DE ARA

 

FORMACIÓN DE USUARIOS PARA MESTRES/AS

O MARTES 12 DE SETEMBRO TIVO LUGAR A FORMACIÓN DE USUARIOS PARA MESTRAS E MESTRES DO CRA RAÍÑA ARAGONTA.

 

VELAQUÍ UNHAS FOTOS DO DÍA.

ESTAMOS POÑÉNDONOS EN MARCHA

A escola acaba de comezar e nos xá estamos poñendo en marcha a nosa biblioteca!

Colocando, movendo, actualizando e creando para ofrecer a todo o noso alumnado a mellor oferta de contos, xogos, materiales… posible!

Con moita ilusión estamos preparando cambios especiais tras a xubilación da nosa mascota Caselín.

Agora mesmo, como podedes ver no collage, está todo un pouquiño desordenado pero non vos preocupedes que o mellor está por vir.

 

 

Vémonos moi pronto!

NOVOS RECUNCHOS DE LECTURA

Este curso abrimos a nosa biblioteca a outros espazos, creando pequenos recunchos de lectura no centro.

 O noso alumnado aproveita calquera pequeno momento do día para gozar dun ratiño de lectura.

SÍMBOLOS DA PAZ CEP ALTAMIRA

Co gaio da conmemoración do Día Internacional da Non Violencia e da Paz, convidamos aos nosos amigos e amigas voluntari@s da biblioteca do CEP Altamira a crear os seus propios símbolos da paz, e este foi o resultado:

GRAZAS POR UNIRVOS A TODO O QUE VOS PROPOÑEMOS!!

ESCOLA CON SUPERPODERES

CANDO RECIBIMOS A PROPOSTA DE ACTIVIDADE DA FUNDACIÓN "LA NINETA DELS ULLS" TIVÉMOLO CLARO. O NOSO CENTRO ESTÁ CHEO DE SUPER HEROES E SUPER HEROINAS CAPACES DE FACER COUSAS INCRIBLES E AMOSALO A TODO O MUNDO... PARECEUNOS UNHA IDEA XENIAL.

CADA UNHA DAS 14 AULAS CREOU UNHA PEQUENA COMPOSICIÓN CON TEA E MOITA CREATIVIDADE. CADA PEZA DIFERENTE DAS DEMAIS, COMO CADA UN DOS NOSOS ALUMNOS E DAS NOSAS ALUMNAS, COMO CADA UN DE NÓS, E TODAS XUNTAS FACENDO UN TODO REALMENTE COLORIDO E FERMOSO.

ASÍ É COMO NOS GUSTA QUE SEXA A SOCIEDADE, QUE TODOS TEÑAMOS OCO E QUE A INVESTIGACIÓN DE ENFERMIDADES COMO O RETINOBLASTOMA E O APOIO A QUEN O PADECE E AS SÚAS FAMILIAS TAMÉN O TEÑA.

VELAQUÍ A NOSA CAPA, SIMPLEMENTE ESPECTACULAR!

 

 

Día Internacional da Discapacidade

PRÉSTAMO DE LIBROS

A VINDEIRA SEMANA COMEZAMOS CO PRÉSTAMO DE LIBROS ÁS FAMILIAS.

 

MARTES DE 16:00 A 17:00 HORAS.

XOVES DE 17:00 A 17:30 HORAS.

 

 

FORMACIÓN DE USUARIOS - ALUMNADO

Distribuir contido