Recuncho maker

Día da saúde - 7 de abril

7 de abril - Día da saúde

O próximo 7 de abril celébrase o día mundial da saúde. O tema deste ano é "A miña saúde o meu direito". Dende o cole propómosvos celebralo facendo unha receita moi saudable e fácil. 

 

 

11 DE XANEIRO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O vindeiro 11 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, un día moi importante que nos recorda a relevancia do cumprimento da axenda 2030 e dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. Para visibilizalo, dende a biblioteca do cole Ara proponnos o seguinte reto. Esperemos que vos guste e o desfrutedes, vémonos no laboratorio. 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 
EXPERIMENTANDO COAS FOLLAS
 
CO MES DE NOVEMBRO CHEGOU A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E COÑECEMOS A NOSA NOVA AMIGA ARA A CAL NOS PREGUNTOU DE QUE COR ERAN AS FOLLAS. APROVEITANDO QUE ESTE MES SE CELEBRA A CIENCIA EN GALEGO FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON ELA PARA DESCUBRILO. APETÉCEVOS FACELO CON ELA?
 
 
 
Por se fose da vosa axuda, adxuntamos un link _ https://www.youtube.com/watch?v=1MCES10TPiQ 

MINDFULNESS PARA COMBATIR O ACOSO ESCOLAR

Ola a todas e a todos. Con motivo do Día Mundial contra o Acoso Escolar gustaríanos falarvos sobre o potencial do Mindfulness e a compaixón para a construción da non violencia no contexto educativo.

Diversos estudos demostraron que estas técnicas fomentan un adecuado desenvolvemento de habilidades cognitivas emocionais e relacionais no ámbito escolar e familiar. A súa práctica fai que os nenos e nenas móstrense menos impulsivos, regulen mellor as súas emocións e aumenten a súa tolerancia á frustración, entre outros beneficios.

Facer exercicios de meditación pode axudar tanto ás vítimas do bullying escolar, como aos agresores e a quen fose testemuña do feito violento. Isto é porque lles permitiría desenvolver un coñecemento máis profundo deles mesmos, resiliencia, compaixón, e unha maior habilidade para regular as súas respostas emocionais.

O Mindfulness consiste basicamente en tomar conciencia de como sente un respecto a a súa contorna en distintas situacións e momentos. Realizar esta identificación fará posible “separarse” dela e deste xeito deixará de afectar tanto o neno. Prepara psicoloxicamente e axuda a soster unha actuación controlada e sen bloqueos.

A continuación ofrecémosvos un vídeo para que vos iniciedes na práctica deste método.

 

MES DE ABRIL, COIDANDO DA SÁUDE

FEDELLA E FERVELLA VOLTAN AS ANDADAS!

O DÍA 7 DE ABRIL CONMEMOROUSE O DÍA DA SAÚDE E AS NOSAS COELLIÑAS ESTIVERON PROCURANDO UNHAS RECEITAS BEN SAUDABLES E BEN RICAS TAMÉN, PARA COMPARTIR CON TODOS VÓS. ANIMÁDEVOS A PROBALAS! 

  

 

MES DE FEBREIRO, MES DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

FEDELLA E FERVELLA ESTÁN DE VOLTA!

CHEGOU O MES DE FEBREIRO E CON EL UNHA CONMEMORACIÓN MOI ESPECIAL: O MES DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. PARA FESTEXALO, FEDELLA, FERVELLA E AS SÚAS AMIGAS ESTÁN DE VOLTA CON NOVOS EXPERIMENTOS! VOS ANIMADES A FACELOS? E QUE... FEBREIRO TAMÉN É TEMPO DE ENTROIDO E O DISFRAZ DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS VOS QUEDARÁ XENIAL! AQUÍ TEDES O SEU VÍDEO. 

RELAXACIÓN - DÍA DA PAZ

OLA! HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E, POR ISO, IMOS PROPOÑER UNHA SERIE DE EXERCICIOS PARA RELAXARNOS.

APROVEITAMOS ESTE DÍA PARA OBTER HARMONÍA E TRANQUILIDADE?

IMPORTANTE: É POSITIVO FACER OS EXERCICIOS PROPOSTOS MENTRES ESCOITAMOS A MÚSICA ADXUNTA.

ANIMÁDEVOS?

 

MÚSICA

 

 

 

TÉCNICA DE KOEPPEN - DÍA CONTRA A VIOLENCIA

BOS DÍAS A TODOS/AS!

Qué tal estades? Coma ben sabedes, o 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, por iso, dende o Equipo de Biblioteca queremos propoñer a técnica de relaxación de Koeppen para levala a cabo xuntos. De esta maneira, neste día tan importante, podemos “botar fóra” todos os sentimentos negativos (rabia, estrés, ansiedade...)

Animádevos!

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é, sen dúbida, un mes especial. Comeza tralos sustos do Samaín, vén cargado de castañas, noces, e outros froitos de outono, fai que quentemos as nosas mans nos magostos e deixa paso ao mes do Nadal. Todos estes motivos darían para festexar pero... é que, ademais de todo isto, novembro é o mes da ciencia en galego. Convidámosvos a coñecer a dúas científicas moi xeitosas que están desexando converter a todas e todos os peques de Salceda en novos investigadores. Vos animades?

 

YOGA EN FAMILIA

O 15 de maio celébrase o día da familia e que mellor maneira de celebralo que realizando unha sesión de ioga cos vosos fillos/as. 

Aquí deixamosvos algúns canales de youtube e aplicacións para practicar ioga.

Esperamos que vos gusteSorriso

Distribuir contido