Biblioconexións

CONTACONTOS CEP ALTAMIRA

O pasado xoves 25 de abril tivemos unha actividade moi especial nas aulas de Esfarrapada. As voluntarias da biblioteca escolar do CEP Altamira acudiron ao noso cole a dramatizar uns contos para o noso alumnado.

As aulas de 4º de EI disfruraton do conto "Monstruo rosa" e os de 5º e 6º "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa".

Moitas grazas as nenas que organizaron, prepararon e dramatizaron estes contos, con toda a súa ilusión, para nós e as compañeiras do Equipo da Biblioteca escolar do CEP Altamira.

 

SEMANA DA PRENSA - ACTIVIDADE XUNTO CO IES PEDRAS RUBIAS

NA SEMANA DA PRENSA (ENTRE O 4 E O 8 DE MARZO) REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE EN CONXUNTO CO IES PEDRAS RUBIAS. A ACTIVIDADE CONSISTÍA NUN INTERCAMBIO DE POSTAIS ELABORADAS CON ELEMENTOS DE XORNAL (PALABRAS, DEBUXOS, COLLAGE...). ESTE FOI O RESULTADO.

 

POSTAIS FEITAS POLO ALUMNADO DO CRA RAÍÑA ARAGONTA

 

POSTAIS FEITAS POLO IES PEDRAS RUBIAS

 

RESUMO ACTIVIDADE

PADRIÑOS LECTORES

No mes de novembro levamos a cabo a actividade “Padriños lectores” xunto co CEP Altamira. Os alumnos e alumnas do centro de primaria leron un conto a cada aula na sede do CRA. 

 

Graciñas pola experiencia compartida!

 

Distribuir contido

Back to top