blog da biblioteca

RADIO NA BIBLIO

TEMOS UNHA GRAN NOTICIA!

ESTE CURSO ESTAMOS ADMITIDOS NO

 

PROGRAMA "RADIO NA BIBLIO"

 

AQUÍ DEIXAMOS O NOVO LOGO DA NOSA RADIO!

 

 

PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2023-24

PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA CURSO 2023-2024

Día da infancia

O 20 de novembro é o día da infancia e celebramos os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre as diferentes situacións de moitos nenos e nenas, dar a coñecer os seus dereitos e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Por iso, dende o centro queremos destacar a importancia do traballo da educación emocional e, para iso, o alumnado das diferentes aulas elaborou este videoconto de ''Teño un volcán'' para xestionar a rabia interior que, tanto os adultos como nenos, temos no noso día a día.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta presentamos diferentes contos que poden axudarnos a educar, concienciar e previr estas condutas. Son historias divertidas cheas de mensaxes que invitan a reflexionar sobre este tema.

É fundamental educar aos nenos e nenas en igualdade se queremos previr e acabar coa violencia de xénero.

 

TIRA DO CORDEL - NOVA INICIATIVA DO CENTRO

Neste curso 2024/2025 chega unha nova iniciativa ao CRA Raíña Aragonta:

 

TIRA DO CORDEL.

  

O seu lema é “Abre a porta, colle un libro e deixa outro”.

 

 

Este espazo está deseñado para fomentar o amor pola lectura e

 promover o intercambio de coñecementos entre toda a comunidade escolar,

 contribuíndo así ao cumprimento das liñas prioritarias establecidas para este

 curso escolar.

 

 

 Neste curso presentamos a nova casiña de libros

 na sede do CRA e na aula de San Xurxo,

 co obxectivo de ampliar as casiñas ao resto das aulas.

 

Animámosvos a facer un uso responsable deste recurso,

 contribuíndo ao seu coidado e respectando os libros para que

 todas e todos poidamos gozar deles.

 

 

Grazas por ser parte desta iniciativa

 

e por fortalecer a nosa comunidade a través da lectura!

 

 

NA SEDE

 

 

NA AULA DE SAN XURXO

 

 

NOVOS PUNTOS EXPOSICIÓN DE NOVIDADES

Neste curso 2024/2025 xa temos novos puntos de exposición de novidades!

Xa chegaron ás parroquias e á sede!

 

MALETA DE CIENCIA

Dende o Equipo de Biblioteca elaboramos unha MALETA DE CIENCIA que contén diferentes materiais cos cales o alumnado poderá investigar e indagar no mundo científico, contribuíndo así ao noso Proxecto de Traballo "Unha viaxe pola ciencia".

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego, por iso comezamos a rotación da maleta polas aulas neste mes tan importante. A maleta viaxará por tódalas aulas ao longo do curso.

Esperamos que gocedes moito desta proposta!

 

 

ACTIVIDADE DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

DENDE O CRA RAÍÑA ARAGONTA FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COA INAUGURACIÓN PARA O ALUMNADO DA NOSA BIBLIOTECA. 

NA ACTIVIDADE ESTABA ARA (A NOSA PROTAGONISTA) VESTIDA DE FORMA MOI PARTICULAR... DE CIENTÍFICA! XA QUE DURANTE O CURSO O NOSO LEMA É UNHA VIAXE POLA CIENCIA.

ARA PEDIUNOS AXUDA PARA ATOPAR UNS INGREDIENTES E REALIZAR UN EXPERIMENTO XENIAL! TAMÉN VISIONAMOS UN VIDEO ONDE ARA NOS EXPLICABA O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA.

PASÁMOLO FANTÁSTICO! VELAQUÍ UNHAS FOTOS!

A NOSA BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA DO CRA RAÍÑA ARAGONTA

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DA NOSA BIBLIOTECA CON TODO O TRABALLO DO EQUIPO DETRÁS!

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE DESFRUTEMOS TODOS DESTE ESPAZO!

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O SAMAÍN

"O SAMAÍN"  é unha data clave para aproveitar que os máis pequenos se inicien no mundo da lectura.

Dende a biblioteca deixámosvos unhas recomendacións lectoras para que estes días gocedes das mellores historias de bruxas, pantasmas, ogros e monstros, e o pasedes en grande cos vosos alumnos e alumnas.

 

Distribuir contido